Vicente Garrido e Nieves Abarca
Fotografía: Ediciones Versátil
Biografía
Vicente Garrido é criminólogo e Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Valencia, onde imparte Criminoloxía Forense e Pedagoxía aplicada á delincuencia. Foi consultor de Nacións Unidas. Os seus libros de criminoloxía forense e de estudos sobre violencia son obras de referencia. Participou como asesor científico en telefilmes e reportaxes sobre casos criminais. Colabora habitualmente con programas de radio e de televisión de debate, cultura e divulgación. Actualmente encárgase de realizar os perfís criminolóxicos en Expediente abierto de Antena 3.
Nieves Abarca estudou Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. É Máster en Xornalismo pola UOC e especialista en Perfís Criminais. Traballou en diversos medios de comunicación na Coruña e Ponferrada. Durante trece anos traballou nun cuartel da policía local. É unha lectora incansable de novela negra e criminal.
Bibliografía: Ediciones Versátil
Paradas bibliográficas

Crímenes exquisitos
O corpo de Lida Naveira, unha moza da alta sociedade coruñesa, aparece flotando no estanque de Eirís recreando a famosa Ofelia de Millais.
Que relación ten este crime co macabro asasinato acontecido meses antes na Abadía de Whitby?
A inspectora Valentina Negro, con axuda do famoso criminólogo Javier Sanjuán, liderará unha investigación que a levará a colaborar con Scotland Yard, nunha escura trama a cabalo entre A Coruña e Londres.
O que ninguén pode chegar a sospeitar é que, na vertixinosa conta atrás para atrapar ao asasino, deberán enfrontarse ás obsesións máis inconfesables da sociedade actual, descubrindo un mundo de perversión, corrupción e violencia.
Editorial en castelán
Editorial Planeta