García-Rey, Luis

Vigo, 1981

Fotografía: Arquivo do autor - Medios sociais 

Biografía

Desenvolve a súa carreira como xornalista en televisión, presentando desde fai máis dunha década a edición de fin de semana de Deportes Cuatro. A súa voz tamén se pode escoitar pola noite no Partidazo de COPE. Ademais, dirixe o Máster de Xornalismo Deportivo da Universidade Villanueva. Axel é a súa primeira novela.

Bibliografía: Editorial Espasa, Planeta de los Libros

Paradas bibliográficas

Axel, Luis García-Rey, Mapa Literario de Vigo Biblioteca Pública

Axel

Mércores, 13 de marzo de 2019. O axente da policía xudicial Axel Nash non é capaz de tomarse a vida con calma e, se non hai casos que resolver, abúrrese mortalmente. Non en balde deixou o seu Vigo natal para buscar máis acción en Madrid. Unha mañá recibe a chamada da súa nova compañeira, Loor Galván, á que apenas coñece, pero coa que, sorprendentemente, conecta: Marcos Goya, presentador radiofâonico dun programa nocturno, acaba de aparecer nun hotelucho de citas asasinado a coiteladas e con restos aparentes de ser torturado. Mentres tanto en Vigo, Omar Pombo e o seu amigo Javier Grande, Jarvis, que, como moitos outros jâovenes das Rías Baixas, acabaron trapicheando para o narcotráfico, acaban de meterse nunha lea descomunal: perderon un cargamento e as consecuencias son previsibles. E non son boas.

Edición castelán

Planeta

Loor Luis García Rey autor do Mapa Literario de Vigo

Loor

Axel, creo que matei a alguén». Con este enigmático whatsapp da súa compañeira Loor Galván comeza a mañá do venres 9 de marzo de 2023 para o inspector de policía Axel Nash. Loor terminou a noite anterior bébeda e espida na cama dunha estrela de Onlyfans, e espertouse envolvida en sangue e abrazada ao maltreito cadáver. Por suposto, non se acorda de nada. Ao mesmo tempo, un maniaco advirte a Axel, mentres está en directo na tele, da aparición doutro cadáver no lago da Casa de Campo de Madrid. O comisario Jorge Ortiz, presionado polas altas esferas do goberno da cidade, verase obrigado a asignar o caso ao seu mellor home, Axel Nash. A vítima é unha estrela do rock e lidera unha das bandas máis exitosas no panorama musical nacional.

Edición castelán

Planeta