Franco Alonso, Xavier
Pontevedra, 1967
Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago
Fotografía: Biblioteca Virtual GalegaBiografía
Traballa na administración autonómica en Vigo, cidade moi presente na súa escrita e na que reside.
É autor do libro de relatos Eventuais (1997), no que se centraba na vida provisoria dun mangado de personaxes da mocidade urbana galega.
No ano 2003 publica en Galaxia Oitocentos.
Bibliografía: Editorial Galaxia
Paradas bibliográficas

Oitocentos
Os personaxes desta historia, un excorredor de atletismo e o seu grupo de amigos, abalan entre a inestabilidade laboral e a indeterminación persoal. Sen perspectivas no traballo e coa ameaza permanente da soidade pairando sobre a súa vida. Encrucillada vital que o autor vai resolver a través dunha interesante narración dialogada, que se desenvolve en escenas que lembran as dunha película.
Edición en galego
Editorial Galaxia