Fortes, Susana
Pontevedra, 1959
Escritora e articulista de prensa. Durante anos impartiu clases de Historia da Arte en Valencia. Na actualidade colabora en cursos e talleres de escritura creativa en diversas universidades.
Fotografía: Editorial Planeta - Corina ArranzBiografía
Autora, entre outras novelas, de Querido Corto Maltés (Premio Nuevos Narradores 1994), Las cenizas de la Bounty (Espasa, 1998), Fronteras de arena (finalista do Premio Primavera 2001) e El amante albanés (finalista do Premio Planeta 2003), tamén publicou o caderno de cinema Adiós, muñeca (Espasa, 2002) ou El azar de Laura Ulloa (Planeta, 2006), galardoada co Premio da Crítica na Comunidade Valenciana.
O seu primeiro gran éxito internacional conségueo coa novela histórica Quattrocento (Planeta, 2007) e sobre todo con Esperando a Robert Capa (Premio Fernando Lara de Novela 2009), que foi traducida a máis de 15 idiomas. As súas últimas obras publicadas son Septiembre puede esperar (Planeta, 2017) e o libro de recordos Tal como éramos (Ézaro, 2021).
Bibliografía: Editorial Planeta
Paradas bibliográficas

Nada que perder
A tarde do 12 de agosto de 1979, os irmáns Nicolás e Hugo e a pequena Branca desaparecen nunha localidade do Baixo Miño. A nena é atopada á mañá seguinte dentro dunha cesta de vimbia na beira oposta do río sen lembrar nada do ocorrido. A pesar da intensa procura, os corpos dos dous nenos nunca aparecen. Vinte e cinco anos despois o achado duns restos óseos nun xacemento arqueolóxico apunta a que se trata dos dous irmáns desaparecidos. A partir de entón, Branca e o xornalista Lois Lobo inician unha complexa procura para descubrir que sucedeu a través dos camiños enganosos da memoria e dos tabús dunha sociedade hermética afeita a que os trapos sucios se laven na casa.
Editorial en castelán
Editorial Planeta