Forcadela, Manuel

Tomiño, 1958

Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela.

Fotografía: arquivo AELG - Eduardo Castro Bal

Biografía

Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Como ensaísta e estudioso da literatura ten publicado: A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (Xerais 1988), Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de Eduardo Pondal (1994) e a edición crítica da Poesía de Eduardo Pondal (Xerais 1988). Como poeta: Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas (1985); 

 

 

O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa (1992); Profecía (1993); Morte do fadista (2000); Refutación da musa (2001); Lámpada e medusa (2002), Premio Esquío.Como narrador: Paisaxe con muller e barco (Xerais 1990), Premio de novela García Barros; Sangue sobre a neve (1990), novela, con traducción para o catalán; Barato, barato (1991), novela; Contos interruptus (1992); Fóra de xogo (1993), novela; Anxélica (1994); A equipaxe do azar (1994); A armada invencible (1996), novela.

Bibliografía: Editorial Xerais

Parada bibliográfica

Barato, barato Manuel Forcadela autor Mapa Literario de Vigo

Barato, barato

Un misterioso mercedes verde, un revólver cargado, dúas irmás xémeas e un vendedor negro serán os elementos que entretezan a intriga nestas novas aventuras doe Toni Barreiro, o heroe que coñeciamos en «Sangue sobre a neve».

Editorial en galego

Cumio Editora

Fóra de xogo Manuel Forcadela autor Mapa Literario de Vigo

Fóra de xogo

Un futbolista croata, a súa irmá, unha secta relixiosa e un perigoso grupo de empresarios posuídos pola ambición, fan que o investigador Toni Barreiro intente solucionar un caso onde se mesturan a paixón, a cobiza de poder e a morte.

Editorial en galego

Cumio Editora

Sangue sobre a neve Manuel Forcadela autor Mapa Literario de Vigo

Sangue sobre a neve

Un coñecido industrial aparece asasinado na praia de Alcabre deixando unha cuantiosa débeda. Toni Barreiro, un ex-boxeador que malvive realizando cobros de morosos, é contratado para tentar a recuperación dos cartos. Como resultado das súas pesquisas só consegue pór en perigo a súa propia vida. Pero Toni non é un home que se deixe vencer facilmente. Contará coa axuda de Elvis, un vello e inseparable amigo, e de Patricia, unha muller atractiva, misteriosa. Como fondo, un Vigo portuario e invernal dando cabida aos lances da paixón e o crime.

 

Editorial en galego

Cumio Editora

A procura do falso Grial Manuel Forcadela autor do Mapa Literario de Vigo

A procura do falso Grial

Alguén rouba unha valiosa antigüidade na casa dunha parella adiñeirada. Poucos días despois o home e mais a muller aparecen asasinados.
¿Será esa especie de estraño Grial desaparecido o causante de tanta morte?

Edición en galego

Editorial Galaxia