fóra do normal

Reimóndez, María

 

Editorial Xerais

Localizacións

Barrio de Teis. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TEIS

A min tampouco me pasara inadvertido o acento de Mucha e todas as cousas estrañas que dicía, pero obviamente prefería andar en leotardos todo o día con calzón por fóra antes de sacar o tema e contrariar a miña compañeira de pupitre. O que pasa é que, agora que estaba o tema no aire pois xa me entrou un certo orgullo vigués, e de Teis para máis sinais que…

Como que non se fala así? Pero se es ti quen di cousas raras!

Xeolocalización

42.25241651356234, -8.695844345184222

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Ermida da Guía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

A GUÍA

Quen non puliu clase algunha vez na vida? O que pasa é que ás veces tampouco che hai mellor cousa que facer ca estar na clase, e polo menos acó non chove e fóra si. Pero se che parece logo baixamos ver o mar.

Ou subimos -engadín eu.

Como subimos?

Si, muller, ao monte da Guía.

Carallo de costas.

Xeolocalización

42.25676250576314, -8.702584034336262

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Monte da Guía, Teis. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MONTE DA GUÍA

Eu sempre pensei que aí fallaba algo díxome Mucha, cando lle contaba o asunto un día que nos dera por subir ao monte da Guía. Tanto misterio total para nada.

Quedei coa gana de preguntarlle a que se refería, porque botou a andar costa arriba e non lle daba o paso. Mucha, malia o seu tamaño, ten unha axilidade abraiante. Xa non é que poida tirar dun carro co lombo que ten, é que sobe e baixa por calquera sitio como unha cabra. Por iso adoitamos subir pola parte de atrás, non polo camiño que leva ao santuario. Gústanos pasar por unha casa que semella dos contos infantís, coa pregunta de quen vivirá alá. Mucha sempre quere quedar á espreita, pero eu non teño paciencia. Tárdame chegar ata o cumio e ver o mar, a ría. Ese espazo infinito.

Xeolocalización

42.25676250576314, -8.702584034336262

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ILLAS CÍES

Dalgún xeito dáme confianza , axúdame a crer que algún día a miña vida será tamén así, azul e ampla. Gústanme, como bo morcego en fase de aprendizaxe, sobre todo os días escuros, eses nos que todo é gris e o mar rabea, nos que as Cíes só se ven coma un recordo entre a néboa.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Vulcano Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VULCANO

Baixamos ata Vulcano?

Descubrir o barrio con Mucha é fascinante. Nunca caera na conta de que houbese tantas cousas incribles para ver. Eu sempre vivín aquí e non me chaman a atención nin o convento, nin as igrexas, nin as hortas, nin as rúas estreitas nin mioto menos a Guía, o mar, o centro cívico ou os asteleiros.

Xeolocalización

42.25081598521799, -8.702215473085692

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Areal da Punta. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AREAL DA PUNTA

Xela e mais eu baixamos moitas veces á ETEA cando cae a noite. Eu nunca iría alí a soas a esas horas, pero a ela encántalle. Non lle teme a nada e iso fascíname. Xela contoume que lle encanta andar por aquel lugar onde a armada tiña a súa escola de Electrónica e Comunicacións. É certo que é un lugar onde hai moitísimos recunchos, xa non digo as praias, dende a praia da Punta á da Lagoa, pero a min non me gusta nada ir á praia no verán, porque hai que quitar a roupa, e cando é de día por todo o paseo hai nenas, nenos, cans, cadelas e en xeral demasiada xente para o meu gusto, ademais da tropa esa que fai skate, que sempre me dan algo de medo.

Xeolocalización

42.26020390884781, -8.697367194711024

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Parque de Castrelos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CASTRELOS

Ao final decidín facer algo para aplacar o meu malestar, para celebrar que ía rematando o curso e tamén porque xa tiña eu na miña vida rupturas abondas, así que propuxen ir ata Castrelos, na outra punta da cidade. Debo admitir que me ilusionaba andar por aquel xardín da man de Xela.

Foramos a Castrelos de excursión co cole e fascináranme o xardín e o pazo. Tamén era un aliciente que estivese tan lonxe; era como ir a outra cidade a un tiro de Vitrasa.

Xeolocalización

42.21253366076541, -8.730225601922967

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Barrio do Calvario. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CALVARIO

[…] Cando rematou a película encerreime no cuarto a ler os exemplares que tiña e miña nai debeume de ver tan podre que me regalou un vale para unha tenda de cómics do Calvario onde vou mercar con frecuencia. É unha excursión que me encanta facer.

Xeolocalización

42.23099877864691, -8.703344498278248

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Monte de A Guía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

A GUÍA

«Teño que verte, merqueiche un agasallo. Ás seis na Guía.» Esa foi amensaxe que lles enviei a Mucha, a Xela e (si, tamén) a Martín o día antes de empezar as clases. Sabía que estarían xa de volta, cadaquén do seu sitio -novamente souben dos horarios de Xela e Mucha pola panadaría, que cando pecharon a ETEA debeu quedar como centro de comunicacións alternativo- e que o tema do agasallo era difícil de resistir.

Xeolocalización

42.25676250576314, -8.702584034336262

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Ensenada de Teis, ETEA. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ETEA

Era todo raro. Triste. E malia ver a Mucha case todos os días (e a Martín velo de máis), non vou negar que botaba en falla a Xela para poñer algo de equilibrio naquela universidade alternativa que tiña con aquel par.

Por iso, un día que Martín e mais eu quedaramos con Mucha na ETEA á tardiña, cando os días comezaban a ser algo máis longos, o certo é que case non a recoñecemos. Xela levaba o cabelo curto e ía sen maquillar, cuns pantalóns vaqueiros, unha camiseta e uns tenis.

Xeolocalización

42.25728594988878, -8.694912725252811

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Baixada Rotea. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TEIS

O que me dixeches, Mucha, fíxome pensar. Na miña casa, na miña vida, en moitas cousas. Precisaba un tempo. Polo de agora estou traballando nun bar de Vigo -sempre lle chamamos Vigo a todo o que queda fóra de Teis-. Teño uns horarios algo de merda e non quería falar con vós arta que tivese claras as cousas.

Xeolocalización

42.25241651356234, -8.695844345184222

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Sinopse

André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entender a vida allea ao contexto urbano no que se ve obrigada a inserirse. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a verse ampliada nunha especial Patrulla Trans, grazas a Martín e Xela, outras dúas persoas moi distintas que axudan a André a comprender que cómpre coñecer para querer. Así, por fin amparado pola súa rede afectos e pola lectura das aventuras dos heroes do cómic clásico, un camiño para a comprensión do mundo, André asumirá que para a superación dos conflitos a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son: «no medio da treboada, a única heroicidade é resistir».»Fóra do normal», novela gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, identifica os heroes e as heroínas contemporáneas entre aquelas persoas que só con existir e non ceder a domesticarse están mudando o mundo.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial
b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2018

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Guixar

Vulcano

Liña 4

Vulcano

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar