Fernández Fernández, Raquel
Nigrán, 1972
Exerce no sector da restauración como propietaria dun restaurante no Val Miñor. Escribe dende nena e é lectora voraz dende que acorda.
Fotografía: Editorial Galaxia - Manuel GarridoBiografía
Ao longo dos últimos anos acadou máis dunha quincena de premios polo seu labor poético e narrativo, entre eles o Certame Literario do Concello de Ames (2020) nas modalidades de poesía e narrativa, o segundo premio de poesía do Certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de Relato Curto en Prol da Igualdade do Concello de Melide (2021), o premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto (2022) ou o Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (2020, 2022, 2023).
En marzo de 2024 publicou a súa primeira novela dirixida ao publico xuvenil, «Contas de Buxo». En xuño dese mesmo ano resultou gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «I’m Obélix» (Xerais, 2024).
Bibliografía: Editorial Xerais
Parada bibliográfica

Contas de Buxo
Edición en galego
Editorial Galaxia

I'm Obélix
Edición en galego
Editoral Xerais