Estévez, Xavier

Bruxelas, 1969

Compaxina o seu traballo de mestre na cidade de Vigo con aquilo polo que devece: a radio, o teatro e a literatura.

Fotografía: Editorial Xerais - web

Biografía

«O corazón da maxia» (2015) foi o seu primeiro libro con Xerais, ao que seguiu «Avións de papel» (2017), onde aparecen por primeira vez Lucas e Sara, os protagonistas de «Os camiños do vento».

Outros títulos da súa autoría son «A lenda do Rei Lobo» (2008), «A rapaza da fiestra» (2010) ou «Todos os soños» (2015).

Bibliografía: Editorial Xerais

Paradas bibliográficas

Avións de papel Xavier Estévez Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avións de papel

Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá?Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos.Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2017

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Liña Circular

Aqueles momentos que perdemos

Aqueles momentos perdidos

Cando Ela, unha adolescente sen recordos, coñece a Sara, sabe que cambiará a súa vida para sempre. As dúas percorrerán os camiños nun mundo en que a civilización se esvaece. Un mundo sen pasado. Unha terra chea de perigos.

Edición en galego

Editorial Oqueleo