Dueñas, María

Puertollano, 1964

Doutora en Filoloxía Inglesa.

Fotografía: arquivo da autora - web

Biografía

Tras dúas décadas dedicada á vida académica, irrompe no mundo da literatura en 2009 co El tiempo entre costuras, a novela que se converteu nun fenómeno editorial e cuxa adaptación televisiva da man de Antena 3 logrou numerosos galardóns e un espectacular éxito de audiencia. As súas obras posteriores, Misión Olvido (2012), La Templanza (2015) e Las hijas del Capitán (2018), continuaron cativando por igual a lectores e crítica. Traducida a máis de trinta e cinco linguas e con millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, María Dueñas converteuse nunha das autoras máis estimadas tanto no noso país como en América Latina.

Bibliografía: Editorial Planeta

Paradas bibliográficas

Sira María Dueñas Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Sira

A Segunda Gran Guerra chega ao seu fin e o mundo emprende unha tortuosa reconstrución. Concluídas as súas funcións como colaboradora dos Servizos Secretos británicos, Sira afronta o futuro con ansias de serenidade. Non o logrará, con todo. O destino teralle preparada unha tráxica desventura que a obrigará a reinventarse, tomar soa as rendas da súa vida e loitar con garra para canalizar o porvir.

Entre feitos históricos que marcarán unha época, Xerusalén, Londres, Madrid e Tánxer serán os escenarios polos que transite. Neles afrontará rupturas e reencontros, labores arriscados e a experiencia da maternidade.

Sira Bonnard —antes Arish Agoriuq, antes Sira Quiroga — xa non é a inocente costureira que nos cegou entre patróns e mensaxes clandestinos, pero o seu atractivo permanece intacto.

Volve Sira, carismática e inesquecible. Volve a protagonista da novela El tiempo entre costuras.

Editorial en castelán

Editorial Planeta