Redondo, Dolores

Donostia, 1969

Estudou Dereito e Restauración, e durante algúns anos dedicouse aos negocios.

Fotografía: Editorial Xerais - web

Biografía

Na actualidade reside na Ribera Navarra e o seu oficio é a escrita. Logo de publicar a súa primeira novela en 2009, comezou a triloxía do Val do Baztán, protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, que Xerais publicou en galego na súa totalidade: «O gardián invisible» (2013), «Legado nos ósos» (2013) e «Ofrenda á tormenta» (2014). Considerada como unha auténtica revelación da novela negra, con estas obras obtivo un grande éxito de lectores e foi traducida a máis de vinte linguas. En 2016 obtivo o premio Planeta con «Todo isto che darei», novela localizada na Ribeira Sacra, publicada en galego por Xerais. A súa última novela » A cara norte do corazón» (Xerais, 2019) tamén está protagonizada pola inspectora Amaia Salazar.

Bibliografía: Editorial Xerais

Paradas bibliográficas

Esperando al diluvio Dolores Redondo autora Mapa Literario de Vigo

Esperando al diluvio

Un salvaxe asasino en serie. Unha procura ata o último latexo. Unha cidade ameazada por un diluvio. Entre os anos 1968 e 1969, o asasino ao que a prensa bautizaría como John Biblia matou a tres mulleres en Glasgow. Nunca foi identificado e o caso aínda segue aberto hoxe en día. Nesta novela, a principios dos anos oitenta, o investigador de policía escocés Noah Scott Sherrington logra chegar ata John Biblia, pero un fallo no seu corazón no último momento impídelle arrestalo. A pesar do seu fráxil estado de saúde, e contra os consellos médicos e a negativa dos seus superiores para que continúe coa persecución do asasino en serie, Noah segue unha corazonada que o levará ata o Bilbao de 1983. Xusto uns días antes de que un verdadeiro diluvio arrase a cidade.

Editorial en castelán

Editorial Planeta