Defreds
Jose A. Gómez Iglesias
Vigo, 1984
Nacín en Vigo unha madrugada de outubro. Sempre fun un neno normal. Algo tímido e inseguro. E namoradeiro. Lembro que escribía cartas de amor. Había unha moza na escola que me encantaba e escribíalle, aínda que non me facía nin caso. No cole, regular.
Fotografía: © Carlos Ruiz, cedida polo autor
Biografía
Gustábanme máis as materias de letras. Lía moito na casa. A miña nai sempre me traía os libros do Círculo de Lectores. Encantábanme os de medo. Podía pasar horas repasándoos na cama.
E o tempo foi pasando, aos poucos. Namorei algunha vez. Sempre arriscando, aínda que saíse mal. Deixei de ser tan noviño para ser simplemente novo, dentro da miña cara anenada. Escribindo.
Unha noite bastante chea de soidade e con moita choiva foi a primeira vez que escribín unha frase sobre algo que me estaba pasando nesa época. En Twitter. Supoño que aí comezou todo. A xente líame, e cada vez máis. Xente que se sentía identificada comigo. Non podía crer que alguén lese con ganas os meus pensamentos.
Chegaron os meus libros. Casi sin querer. Cuando abras el paracaídas. 1775 calles. Historias de un náufrago hipocondríaco. Con un cassette y un bolígrafo bic. Sempiterno. Recordar contrasinal. Incondicional. Ya no quedan ciudades. Chegaron despois moitas firmas en moitas cidades. Exemplares en miles de casas.
E aí sigo sorrindo, ilusionado como o primeiro día. Como o primeiro exemplar.
A verdade que non teño moita biografía, pero si moitos soños.
Bibliografía: Planeta de libros
Paradas bibliográficas

1775 calles
Din que as respostas e todo o que poidamos conseguir está nas rúas. Vemos cada día xente pasar polo noso lado mergullada nos seus pensamentos. Nunca intestastes intuír que pode estar pensando alguén mentres camiña? Se ten un día bo ou un malo.
En calquera rúa da nosa cidade pode suceder algo que nos cambie a vida. Non fai falla agardalo nin desexalo. Simplemente sucede. Seguramente cada un de nós ten unha rúa preferida. Unha rúa que lle recorda a alguén ou algo que lle sucedeu. Esa na que nos pasou algo que non esqueceremos xamais. Cal é a túa?
Editorial en castelán
Editorial Mueve tu lengua

Casi sin querer
O máis fermoso de estar namorado é o silencio. Ese silencio que se crea cando dúas persoas se miran ao ollos. Porque sabes que digas o que digas, aínda que trates de dicilo a forma máis espectacular posible, xamais nada poderá achegarse a explicar como te sentes. E supoño que iso é o amor: sorrir calados.
Editorial en castelán
Editorial Mueve tu lengua