Cabana, Darío Xoán

Roás (Cospeito), 1952 – Romeán (Lugo), 2021

Funcionario no Concello de Lugo, onde se dedicaba á xestión de asuntos culturais.

Fotografía: Arquivo AELG - Adrián Ferreiro

Biografía

Comezou a súa xa longa andaina literaria no ámbito da poesía, con libros como Romanceiro da Terra Chá (1973), Ábrelle a porta ó día (1981), A fraga amurallada (1983), ou Amor e tempo liso (1988), entre outros.

A narrativa é na actualidade a súa ocupación preferente. Neste xénero deu nos últimos anos varios títulos, entre os que figuran Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990), As aventuras de Breogán Folgueira (1990), Vidas senlleiras (1992), O cervo na torre (1994), Morte de rei (1996) e Inés e a cadela sabia (2000). Tamén goza Cabana de merecida sona como tradutor polas súas versións galegas do Cancioneiro de Petrarca, A Divina Comedia e Vida nova de Dante.

En maio de 2006 publica con Galaxia o poemario Cabalgada na brétema.

Bibliografía: Editorial Galaxia

Paradas bibliográficas

Cabalgada na brétema Darío Xoán Caban autor mapa literario de Vigo

Cabalgada na brétema

Cabalgada na brétema é un libro que contén mortos e melancolía, historia e terra, e cólera. Un rei líbrase das cadeas con que o enterraron hai mil anos, e revoa a patria. Un labrador antifarnquista vai ficando enviso na lembranza dos frios de Teruel. Un poeta de mediana idade olla a nación, a clase, a casa, a estirpe, a morte. Alento comunal e memoria persoal nun poemario admirable.
Edición en galego

Editorial Galaxia