Currás, Marta
Madrid, 1975
Vive en Galicia desde os catorce anos, é Bióloga de profesión e traballou en laboratorios de Microbiología e Bioquímica durante case vinte anos.
Fotografía: Editorial Juventud
Biografía
Lectora voraz desde os tres anos, escribe e imaxina as súas propias historias desde nena. Foi finalista en diversos concursos de microrrelatos e contos, conseguindo así publicar algúns dos seus textos. Desde hai algún tempo tamén se dedica á escritura de novelas. Amornados polo sol, arrolados polo vento (Círculo de lectores, 2018) foi a súa primeira novela publicada, inspirada nun das súas viaxes pola costa oeste estadounidense. La memoria de las olas é a súa segunda novela.
Bibliografía: Editorial Juventud
Parada bibliográfica

La memoria de las olas
Inverno de 1924 na cidade de Vigo, unha urbe industrial e moderna que convive nunha simbiose perfecta co océano Atlántico. Arredor deste mar, a paixón por Verne do mozo Santos, o espírito artístico de Cristina, as ansias de liberdade de Beatriz, a búsqueda dun galeón afundido por parte do inglés Homer K. Lochless e as cartas do misterioso Arthur, entretécense coa investigación dunha repentina epidemia que asolaga a cidade e dun crime cometido vinte anos antes. Nesta historia de historias todo garda relación, como nun crebacabezas no que cada peza é clave para encaixar a seguinte.
Edición en castelán
Editorial Juventud