Cunqueiro, Álvaro
Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981
Dedicouse desde moi novo á literatura e ao xornalismo.
Fotografía: Casa Museo Álvaro CunqueiroBiografía
Coa súa mestría estilística, o seu libérrimo uso das convencións literarias e a súa capacidade de integración de diferentes tradicións culturais, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega. Da súa obra escrita en galego destacan títulos coma Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Don Hamlet e Herba aquí e acolá.
Bibliografía: Editorial Galaxia
Paradas bibliográficas

Polos vieiros do fabulador. Cunqueiro e Pontevedra
Reúnese nesta obra unha selección de traballos que o autor de Merlín e familia foi sementando por variadas publicacións, e onde, unhas veces de xeito tanxencial, outras específico, fai referencia a Pontevedra cidade, á provincia e as súas vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes. Unha escolma que permite un achegamento á identidade dun territorio rebordado de literatura, mitos e lendas. Unha viaxe por Pontevedra, guiados pola pluma de Álvaro Cunqueiro.
Edición en galego
Editorial Galaxia