Corbillón, Mercedes
Pontevedra, 1969
una das fundadoras da libraría Cronopios, con sedes na súa cidade natal e en Compostela.
Fotografía: arquivo da autora - medios sociais
Biografía
Dende ese espazo foi construíndo unha vida arredor da literatura, e hoxe é una voz respectada e frecuente en medios de comunicación e acontecementos literarios. Escribe semanalmente nos periódicos La Voz de Galicia, El Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo, ademais de facer colaboracións esporádicas en revistas como Tempos Novos e Luzes. A súa afección desmedida pola lectura levouna a ser xurado en numerosos premios de novela, como o Alfaguara, o Torrente Ballester e o Blanco-Amor, entre outros, e é colaboradora fixa no programa radiofónico Un alto en el camino, conducido por Susana Pedreira, onde fala de libros e viaxes, as súas dúas paixóns.
Vén de publicar un caderno de viaxes sobre A Toxa dentro da colección Illas Atlánticas, de El Patito Editorial, e participou en diversos libros de relatos. A beleza debe morrer é a súa primeira novela, publicada en galego e castelán ao mesmo tempo.
Bibliografía: Editorial Galaxia
Parada bibliográfica

A beleza debe morrer
Edición en galego
Editorial Galaxia
Edición en castelán
Editorial Planeta