contos do mar de irlanda
souto, Xurxo
Editorial Xerais
Localizacións

MUSEO QUIÑONES DE LEÓN
Coñezo aquela rapaciña. Lola é hoxe outra das voces abenzoadas das cantadeiras do Berbés…Cando visitou por primeira vez o Museo Quiñones de León, e viu A habitación do vello mariñeiro, recontrouse ao instante coa infancia. A emoción virouse sentenza: «Ai Lugrís, que gran pintor, canto che me fico traballar! »
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

REAL
Ouve como nos chama a noite pola Ribeira do Berbés abaixo!, funil oceánico, nesa gran ruta das tabernas de antes. No alto da rúa Real, o Faibistés. Nome que fala, o taberneiro fundador manexaba xerra e machada de carniceiro con igual habelencia.
Xeolocalización
42.239130714034154, -8.727897517266719
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

POBOADORES
A liturxia da Ribeira acada o clímax na madrugada. Rúa Poboadores: un cocido no Baiona, cun viño tinto en xerra de duralex. E chega ao seu cénit, perdón, abismo -debaixo dos lastros está a praia- no bar das Almas Perdidas.
Xeolocalización
42.23701692900936, -8.728139873241973
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

PASEO ALFONSO XII
Lobo de Mar, Porco Vello -viño e cunquiña de caldo-, o Canta-o-Galo de Finocha, ou o Fontefría de Mucha, neta de Ignacio Rabeoso. Aquel patrón da Legionaria que embarcada os seus once fillos como tripulación. Unha noite non volveron. Dende o paseo Alfonso escoitábanse o pranto da Ribeira toda.
Xeolocalización
42.23651621673926, -8.728235144405966
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

BOUZAS
«Lugrís achégase a Bouzas na lentitude parsimoniosa dos antigos tranvías (coa súa policromía móbil de brancos e vermellos) que sucaban a cidade viguesa en todas as direccións.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

CÍES
No ano 1928 perdeuse nas Cíes o Benigno Montenegro. Deron por morta toda a tripulación. No medio do funeral escoitáronse uns berros. Outro barco dera acudido os mariñeiros. Buscaca a ribeira coa bandeira ben alta, sinal de que ningún home a tal hora precisaba dese servizo.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

PRÍNCIPE
Os problemas continúan, a frota volve parar en 1932. Tras catro meses de folga, a situación dos obreiros é tan extrema que a CNT ten que repartir os fillos dos mariñeiros entre familias de acollida de toda Galiza. Tensión, tiros no peirao, algunha bomba. Na rúa Príncipe de Vigo sofre un atentado un avogado asesor dos armadores.
Xeolocalización
42.23703431895109, -8.722784702078062
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

LONXA DE VIGO (BERBÉS)
Conclúo, se non è vero, è ben trovato. Comenzaron a desembarcar no Berbés un peixe de grandes ollos. Cando o viron na lonxa inmediatamentea alguén lle acordou a mirada dun veciño que lle chamaban Tomás. Xa había nome para a nova especie.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

BARRIO DO CURA
Fotografía: cortesía © Miguel Nuñez
O esplendor das lolas reafirma a identidade. Aquelas palometas inmemsas do Muro que asaba Cameselle na súa propia pel, lolas son tamén no Barrio do Cura e nos furanchos do Morrazo.
Xeolocalización
42.23572678381059, -8.729174086577755
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

RIBEIRA DO BERBÉS
A multitude ateigaba o peirao. Cando no alto da escada apareceu a silueta do gaiteiro, toda a Ribeira do Berbés estourou nun aplauso. Vestía con elegancia de indiano. Nun ombreiro levaba o que máis quería: a gaita. E no outro o símbolo definitivo do seus triunfo americano: un papagaio.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

MARÍTIMA DE BOUZAS
Aínda hoxe perdura a Marítima de Bouzas, entidade de avoengo creada no mesmo 1899. Ese ano, seiscentas operarias das conserveira de Vigo deciden asociarse; contan coa axuda da Federación Local Obreira, de carácter socialista. A extemporánea resposta da patronal anuncia os graves conflitos dos anos vindeiros: despedimento de todas as operarias e un novo regulamento moito máis duro no que mesmo se lles negaba ás traballadoras o dereito a cantar!
Xeolocalización
42.22761782161724, -8.760289559940384
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

MERCADO DA PEDRA
Mais fala a eito do Muro e de Bouzas, e mesmo decribe polo miúdo como se compra un bo reloxo-así tal fixo-no mercado da Pedra da Ribeira do Berbés.
Xeolocalización
42.239773888661496, -8.726641116528993
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

MONTE CEPUDO
Ruta terrícola, 24 de agosto de 2011.Monte Alba. A cidade ten pés de auga. Para abranguer e entender o esplendor da ribeira, cómpre subir aos outeiros de Vigo: Cepudo e Monte Alba. E encher os ollos coas illas, Cíes, Ons, e o propio Morrazo, case illa, centro do mar. Alá lonxe, Sálvora.
Xeolocalización
42.17032698419475, -8.734265791735178
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA ALBA
Cada 15 de agosto, dende a igrexa parroquial os veciños de Valadares soben en procesión as imaxes da Virxe e de San Bartolomeu -aquí Samertolameu-até a capela do Alba. A virxe aló queda, baixan o santo e vólveno subir o 24. Aínda haberá outra procesión, 8 de setembro, para que as imaxes poidan pasar o resto do ano ao quentiño dentro da parroquía
Xeolocalización
42.17420737420962, -8.735878608536156
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

ESCOLA NAÚTICA
Un día, na Escola Naútica, un compañeiro falou dunha pedra perdida no océano.
Xeolocalización
42.23336227383778, -8.733619815474711
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2014
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Monte Cepudo
Parroquia de Valadares
Liña 9
Monte Cepudo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.