coidadora
marco, María
Editorial Xerais
Localizacións

HOSPITAL MEIXOEIRO
A consulta era excepcionalmente grande, o triplo das que habitualmente se atopan no primeiro andar do hospital Meixoeiro.
Xeolocalización
42.21500338549211, -8.684153202078628
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

ROSALÍA DE CASTRO
Túneles polos que circulaban trens de mercadorías, como o «tren do peixe», que remata na Rúa Rosalía de Castro.
Xeolocalización
42.23792877657647, -8.71769285526579
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

MONTES DO CASTRO
Nos montes do Castro, a escasos quilómetros do centro da cidade, están as covas de Folón, un sistema de cavidades naturais formado por enormes bloques de granito.
Xeolocalización
42.2313974589665, -8.726395508291835
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

ETEA
Hai un tempo unhas obras nas antigas instalacións da ETEA (Escola de Transmisións e Electricidade da Armada), que xusto está no meu barrio, en Teis, aos pés do monte da Guía, deixaron á vista seis túneles.
Xeolocalización
42.25728594988878, -8.694912725252811
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

ZAMÁNS
Tamén atopei un surtidor de auga de Valadares, que fornecía a cidade con auga derivada de Zamáns, pero parece que está en moi malas condicións.
Xeolocalización
42.15887781352282, -8.687483691404164
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CASTELO DE SANSEBASTIÁN
Ao século XVII atribúense varios túneles na parte baixa do Castro, a zona fortificada da cidade, baixo os restos da castelo de San Sebastián.
Xeolocalización
42.23702027565719, -8.726600615569975
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

PORTAL DE SOL - SALGUEIRAL
Comezaba no Salgueiral, na actual Porta do Sol, onde os azulexos que aínda se conservan da publicidade de licores Pedro Domecq («Porque el que sabe, sabe que Domecq sabe mejor»), e baixaba até a rúa Vitoria, na Alameda, desembocando na Travesa Primeira de Vitoria, onde actualmente hai varias terrazas.
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

GARCÍA BARBÓN
Como temía, o centro é transitable excepto por un pequeno colapso no cruzamento da rúa Colón con García Barbón, algo a todas as luces habitual nese punto da cidade.
Xeolocalización
42.237705379209515, -8.720460723103836
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

MONTE DA GUÍA
O túnel, escurísimo, encamíñase cara a arriba, cara o monte de Teis, e probablemente chegue até o castro militar.
Xeolocalización
42.25241651356234, -8.695844345184222
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

GUIXAR
De momento no descubrín más que porcallada e algúns ruídos dos trens que chegan á estación de Guixar.
Xeolocalización
42.241407151985385, -8.707968047294175
Liña literaria
04 Liña Travesía – Teis

MOSTEIRO DA VISITACIÓN DAS SALESAS REAIS
É o mosteiro da Visitación das Salesas Reais, un edificio de 1942 de estilo rexionalista medieval. O grantio da súa fachada está sen puír, o que lle dá un aire moi sinistro, coma do romanticismo alemán.
Xeolocalización
42.24342892941379, -8.7045321812099
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

CASTRO
«Hai unha saída por arriba, cara ao Castro. A saída que vai dar ao mosteiro está tapiada, non poderás atravesala. Recoméndoche que sigas recto e canto atopes unha bifurcación te dirixas á de arriba.
Xeolocalización
42.2313974589665, -8.726395508291835
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

BERBÉS
Algo escoitara dun tren que transportaba o peixe desde o Berbés até a liña de ferrocarril principal. Non fai falla ser espeleólogo para darse conta.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PRAZA DO REI
-Acampada?
-Si, os da Praza do Rei
Quedei pensando uns segundos. Na praza do Rei, en fronte do edificio do Concello había unha acampada de persoas sen fogar.
Xeolocalización
42.23637884716341, -8.726710630758435
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

CASTRO
«Hai unha saída por arriba, cara ao Castro. A saída que vai dar ao mosteiro está tapiada, non poderás atravesala. Recoméndoche que sigas recto e canto atopes unha bifurcación te dirixas á de arriba.
Xeolocalización
42.2313974589665, -8.726395508291835
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

CASTRO
Temos un pequeno campamento secreto chegando ao Castro, preto da saída que hai na Fortaleza de San Sebastián.
Xeolocalización
42.2313974589665, -8.726395508291835
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

CÍES
Hoxe pode ser un dese días o suficientemente claros para ver toda a cidade aos meus pés: a lonxa, a ría, a península do Morrazo e máis aló as Cíes.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO
A historia desta coidadora remata onde empezou, nunha consulta de neuroloxía, peroa gora nun novo hospital, o Hospital Álvaro Cunqueiro.
Xeolocalización
42.19030925915999, -8.71582341512781
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns
Sinopse
A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A través dun relato poliédrico, a personaxe principal conéctanos con intrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunha verdadeira baixada aos infernos de xeito catártico. «Coidadora» é unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, facéndonos partícipes da tensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes. A autora bota man de textos narrativos, líricos ou científicos para construír unha paisaxe literaria con distintos planos que dan lugar a unha obra singular, suxestiva e atrevida.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2021
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
ETEA
Barrio de Teis
Liña 4
ETEA
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.