Caveiro, Laura
Vigo, 1967
Autora das novelas Polas inmensas e alleas fortunas, publicada por Edicións Xerais de Galicia en 1995, e As naos afondando, editada polo Liceo Rubia Barcia no ano 2000, coa que gañou o I Premio de Novela Cidade de Ferrol-Liceo Rubia Barcia de 1999.
Fotografía: arquivo AELG - Santos-DíezBiografía
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985, é Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e, na actualidade, exerce como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York) e na Universidade Católica do Porto.
Colabora habitualmente en revistas e xornais, e é autor de máis dunha trintena de obras que abranguen a poesía, a narrativa e o ensaio literario.
[Xaneiro, 2021]
Bibliografía: AELG, autobiografía
Parada bibliográfica

Polas alleas e inmensas fortunas
Rasquei a caluga mentres ollaba as seductoras pernas dunha minisaieira ben acompañada. Unha moi mantida traballadora da banca. Aínda que o de traballadora fose un dicir, claro.
As dez en punto da mañá. Unha derradeira esculca de enriba abaixo rematando nas pernas, e axiña andando ó choio.
Para quietiño aí, Tom -díxenme-. Calma, calma.
Prendín un cigarro sen perder detalle dos dous homes que roldaban a boneca, un par de desgraciados que acabarían a mañá remexendo billetes con aquela femia preto. Porca miseria. Dei unha calada fonda ó cigarro e no medio do fume a nena acadaba un aprobado e ía servida.
Esmaguei con arroutos a cabicha, despois erguinme a modiño, fitándoa. Ela, mentres, facía como que me ignoraba, pero iso é difícil.
Camiñei cara á saída flemático e duro, chantando ó meu paso unha ollada despectiva.
Edición en galego
Editoral Xerais