Castro, Amara
Vigo, 1975
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Pontifica de Salamanca e máster en Linguas Aplicadas pola Universidade de Évora, en Portugal.
Fotografía: arquivo da autoraBiografía
A súa experiencia profesional conxuga a docencia, a tradución e o xornalismo. No que respecta á escritura, realizou cursos en Fuentetaja e a Escola de Escritores, e é alumna do taller de narrativa de Carlos Segovia. O tempo suficiente é a súa segunda novela, tras a autopublicada Con isto e un biscoito que recibiu o Premio Círculo Rojo.
Bibliografía: Editorial MaevaParadas bibliográficas

Con esto y un bizcocho
«Con isto e un biscoito, ata mañá ás oito» é a frase que pronuncia o doutor Morais, o psicólogo ao que acode Mariana Nogueira para combater as pantasmas do pasado.A pesar de levar unha vida independente e vivir en Madrid, a nova avogada acaba de regresar a casa da súa familia tras sufrir un accidente de coche que lle deixou graves secuelas nunha perna. Pero moito peor que as feridas físicas son as psicolóxicas, pois o mozo que conducía o coche faleceu e ela séntese moi culpable.Así comeza un longo camiño de recuperación no que a acompañan o seu pai, os seus tres irmáns, as súas amigas e a cariñosa Cecilia, a muller que a coidou desde pequena. Cando unha chamada inesperada aflora sentimentos do pasado, Mariana empeza finalmente a ver a luz ao final do túnel e a recuperar as ganas de vivir.
Edición en castelán
Ediciones Maeva

El tiempo es suficiente
As irmás Telma e Celia viven en Vigo. Telma é unha enfermeira que se preocupa polos seus pacientes e que presta especial atención a un ancián chamado Pío. Celia, dous anos máis novo, acaba de ascender a xefa de departamento na súa empresa, pero non se sente a gusto na compañía. As comidas dos mércores na casa da súa avoa Gala, un importante referente para as irmás, son o máis sacro para as tres. Cando a avoa falece, as irmás len xuntas as memorias que lles deixou e descobren moitos detalles que descoñecían de Gala, unha muller forte que perdeu ao seu primeiro marido e o seu gran amor cando a súa filla, Amparo, tiña tan só dous anos. Afortunadamente, volveu atopar a felicidade á beira do seu segundo marido, Rodrigo, o avó que coñeceron as dúas irmás.
Edición en castelán
Ediciones Maeva

Aquello que guardamos
Tui, 1945. Ao cumprir 16 anos, Rita ten que abandonar o orfanato e deixar atrás a quen a criou desde pequena. Empeza a súa nova vida soñando con ter unha tenda, pero a súa única saída, polo momento, é traballar como criada nunha casa da Guarda. Adaptarse será todo un reto e fará todo o posible para que se cumpra o seu maior desexo: volver estar preto da súa amiga da alma, Aurora. Vigo, 2002. Vera quere darlle unha sorpresa á súa avoa e, aínda que nada sairá como imaxinara, descubrirá que a familia non sempre nace dos lazos de sangue.
Editorial en castelán
Editorial Letrame