Castelao

Rianxo 1886 – Bos Aires 1950

Unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista.

Fotografía: RAG, Castelao fotografado por J. M. Sáez Mon, Pontevedra ca. 1917. Fonte: Cortesía da editorial Galaxia

Biografía

Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.
En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

Bibliografía: Editorial Galaxia

Paradas bibliográficas

Os dous de sempre, Castelao autor do Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Os dous de sempre

Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao.

Edición en galego

Editorial Galaxia