Casares, Carlos
Ourense, 1941 – Vigo, 2002
Escritor e crítico literario.
Fotografía: Editorial Galaxia - web
Biografía
Foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017
Bibliografía: Editorial Galaxia
Paradas bibliográficas

Hemingway en Galicia
Velaquí un libro que é a crónica dunha experiencia persoal e a especial homenaxe que Carlos Casares lle rende ao grande escritor norteamericano. Seguindo a pegada das referencias que Hemingway facía a Galicia en textos literarios e cartas —froito das súas visitas entre os anos 1921 e 1933—, Casares busca descifrar o misterio que se esconde detrás daquelas alusións. O resultado é un relato sorprendente escrito coa prosa amena e precisa de Carlos Casares e ilustrado con numerosas fotografías da época. Este libro de capa dura inclúe tamén as cartas de Hemingway nas que se refire a Galicia.
Edición en galego
Editorial Galaxia