cando choraron as cíes

domínguez, santi

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLAS CÍES

O día en que choraron as Cíes, miles de persoas convertémonos en panos de man para enxugar as súas bágoas.
O día en que chorou o mar miles de persoas fomos quen de berrar Nunca Máis.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Uvigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

UNIVERSIDADE DE VIGO

7 de decembro
Chegan uns 2.500 efectivos do exército (case un mes despois). Portugal mobilizada efectivos de funcionarios e voluntarios diante da inmediata chegada do fuel. Expertos da Universidade de Vigo critican as medidas tomadas polo goberno e fan público un cominicado.

Xeolocalización

42.170240304583764, -8.684728603413712

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Areal Rodas Illas Cíes Mapa Literario de Vigo

AREAL DE RODAS

En Vigo frétanse barcos diarios ás illas Cíes con centos de voluntarios. A marea negra afecta xa á totalidade do Parque Natural, e a paisaxe de praia de Rodas é desoladora.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Escola de Peritos, Torrecedeira. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESCOLA DE PERITOS

Bautista estudou en Vigo, na Escola de Peritos e coñece ben a realidade das cidades máis negras. Exerceu como alcalde 24 anos.

Xeolocalización

42.22746690651755, -8.734770456114706

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Castrelos En vías de extinción María Reimóndez Mapaliterario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

CONCELLO DE VIGO

Lémbrome de estarnos no Concello de Vigo en comunicaicón permanente coa confraría. Moitas veces chegábannos as noticias do que ía acontecendo, moito máis rápido por eles que polas propias autoridades.

Xeolocalización

42.23637884716341, -8.726710630758435

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Areal Samil Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

AREAL DE SAMIL

O meu fillo tiña catorce anos e comprobei como quería participar. Sen que ninguén llo dixese tomou a decisión de participar nun campionato de fútbol na praia de Samil portando as camisetas de Nunca Máis, que foi coo bautizaron o equipo.

Xeolocalización

42.20925241059118, -8.776423145624376

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Areal dos Muíños de Fortiñón, Saiáns. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SAIÁNS

Pero hai vinte anos, cando eu me atopaba na Cíes, en Carnota, en Moaña, en Cangas, en Saiáns e nos outros lugares cheos de voluntariado, o certo é que só sentín o seu compromiso como o desta rapazada que escribiu na revista Maruxía.

Xeolocalización

42.173820175184325, -8.811324785612323

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Monte de A Guía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TEIS

Eduardo, que hoxe é ademais o presidente de Comunidade de Montes de Teis en Vigo, sempre foi un home comprometido coa súa cidade e o seu barrio, igual de Toñito e Hixinio; traballadores incansables, sempre reivindicando os dereitos dos traballadores, as súas melloras e a dignidade dos postos de traballo.

Xeolocalización

42.25241651356234, -8.695844345184222

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

RÍA DE VIGO

Lembro que nunha das conversas con Bieito Lobeira me comentara que os mariñeiros de Cangas e de Moaña tiveran un gran protagonismo na defensa das illas Cíes, xa que coas súas embarcacións saíran buscar o chapapote á boca da ría de Vigo.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Confraría de pescadores Lonxa de Canido Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CONFRARÍA DE PESCADORES

Lémbrome que naqueles días a confraría de Vigo mobilizouse totalmente para ir buscar o chapapote, moitas veces con barcos que logo quedarían moi tocados e en moitos casos con danos graves.

Xeolocalización

42.239118306990285, -8.733668062564886

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Sinopse

O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas. O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar “Nunca máis”. Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós. Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura e a escuridade. Velaquí os testemuños de homes e mulleres que, coas súas mans e o seu alento, foron capaces de defender o que era noso. Oxalá nestas páxinas atopedes eses recordos de loita, de bravura e mesmo de sacrificio que os galegos e galegas experimentamos naqueles días.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Editorial Lumen

1ª edición

2022

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Confraría de pescadores

Lonxa de Canido

Liña 5

Confraría de pescadores de Canido

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar