caderno de bitácora

casalderrey, fina

 

Editorial elvira

Localizacións

Illa de Toralla. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

TORALLA

Ata antonte mesmo, non podería nin sospeitar a procedencia real dos desacougantes gritos e as misteriosas sacudidas con epicentro en Illa Toralla.

Xeolocalización

42.20031183886372, -8.802514780388954

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

San Miguel de Oia, Cruceiro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SAN MIGUEL DE OIA

En San Miguel de Oia, asumir que es do «Cruceiro», do barrio onde se ergue o magnífico cruceiro, é dicir, dos da banda de arriba do Colexio Ría de Vigo, leva implícito algo máis ca un código postal diferente do dos de Canido.

Xeolocalización

42.183452667449174, -8.799515047793964

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Canido. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CANIDO

Así pois, na actualidade a veciñanza do Cruceiro pouco ou nada ten que ver coa xente da costa sur de Canido, a das vivendas de luxo da rúa do Arquitecto Cominges, ou da do Arquitecto Gómez Román, noutrora estrada cortada e que aínda hoxe conserva popularmetne tal nome: « Carretera Cortada». Alí, en luxosos chalés, viven os descendentes das conserveiras, os da sonada « sardiñocracia» .

Xeolocalización

42.19409174493363, -8.7975433972261

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Canido. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AREAL DE CANIDO

O noso de Bioloxía dixo que á praia de Canido chegaban as mariscadoras de Arousa, que aquí había moita ameixa e moita navalla, pero que a ponte o estragou todo.

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLAS CÍES

Ese achado proba que a ría non existía, isto era un val —sinala o avó a praia—. Podíase ir a pé ás Cíes!

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Areal do Serral. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AREAL DO SERRAL

Métense polo paseo que abeira a costa cara á praia do Serral, as últimas flores das coníferas de duna agasállanos cun agradable recendo. Deixan o Club de Remo atrás. Xa non lles chama a atención a impoñente moza de cómic, de longa melena negra, exuberantes senos e ollada felina, que protagoniza gran parte do graffiti da parede lateral, nin o antigo chalé dos Mirambell, convertido hoxe en Centro Arqueolóxico no que se pode interpretar a vida dos primeiros poboadores da zona na idade de Ferro; in a Villae Romana do século III d. C., tan ben conservada grazas a permanecer durante moitos anos baixo a duna.

Xeolocalización

42.197065388011175, -8.795509915526626

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Villa Romana Finca Maribell Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

FINCA MIRAMBELL

Ao deixarmos á dereita a finca Mirambell, lembrei vagamente o que nos contara Pablo Martínez, o arqueólogo do museo, sobre a importancia do comercio por mar cos pobos do Mediterráneo…

Xeolocalización

42.196425481507035, -8.79490922593469

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Areal de Xunqueiro Fuchiños Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

AREAL DE XUNQUEIRO - FUCHIÑOS

Foi como presencia a fin do mundo en directo: na parte sur da praia, no Xunqueiro, arredor dunha ducia de golfiños aparecían brutalmente mutilados. Algúns aínda agonizaban sobre aquela area vermella.

Xeolocalización

42.19218202143564, -8.803142475544059

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Punta Sobreira. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PUNTA SOBREIRA

Uns terroristas do mar, non se poden chamar doutro xeito, aproveitaran que, por mor da néboa, non había embarcacións navegando e lanzáronse ás carreiras coas súas potentes lanchas, convertendo a ría nunha autoestrada ao competiren por ver quen era o máis rápido en percorrer o traxecto que separa as Illas Cíes de Punta Sobreira.

Xeolocalización

42.20494034839044, -8.811534852067446

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Cabo Estai Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CABO ESTAI

Cando os competidores viron como os ronseis de escuma branca, que debuxaban nos seus percorridos, se tinxían de vermello, fuxiron cara a Cabo Estai, Punta do Apio… Algúns golfiños, mortalmente feridos, comezaron a chegar á costa arrastrados pola propia mareira que as lanchas provocaran.

Xeolocalización

42.187134441279355, -8.815247046523698

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Xunqueiro, . Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AREAL DE XUNQUEIRO - FUCHIÑOS

Fuchiños, señor Cesáreo, para min era a praia da mocidade de Oia, dos amores de verán, das fogueiras pola noite. A estrada estaba cortada, non levaba a ningures, e a praia era nosa.

Xeolocalización

42.19218202143564, -8.803142475544059

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Areal de A Buraca. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AREAL DA BURACA

Tomás propón coller as bicicletas, metérense pola rúa do Arquitecto Antonio Cominges e baixar ata a praia da Buraca, pero Loreto oponse:

Eu non vou a unha praia nudista! Imos a praia Sobreira!

Xeolocalización

42.18938811044941, -8.812719653595876

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Areal do Fortiñón, Muiños. Parroquia de Saiáns.<br />
Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com<br />

AREAL DE MUIÑOS

Daquela, un Tomás avermellado ata as orellas —sorte que está só, no seu cuarto, mentres le a menxase —, suxire a praia de Muíños do Fortiñón, a onde teñen ido con Cesar e Olimpia practicar surf e mergullo en múltiples ocasións.

Xeolocalización

42.16111267923095, -8.818842765431334

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Parque Forestal de Saiáns.<br />
Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PARQUE FORESTAL DE SAIÁNS

O meu curmán Cesar e mais eu subimos por Camposancos dispostos a andarmos os máis de catro quilómetros que nos separaban do Parque Forestal de Saiáns, o primeiro que se fixo en Vigo. Na fonte do Regato da Estea, en San Xurxo, bebemos e agardamos polos demais. Tomás empeñárase en baixar dende Gontade e ir canda as xemelgas. Aínda nos separaban da meta preto de dous quilómetros.

Xeolocalización

42.16913237206866, -8.793204802034069

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Muiños de Zamáns. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MUÍÑOS DE ZAMÁNS

Eu mesma, directamente animeinos a que descubrisen a rota dos Muíños de Zamáns. En realidade o que queriamos era afastalos, que nos dixasen en paza para falarmos sen intrusos.

Xeolocalización

42.15811164525224, -8.691903978987565

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sinopse

Historia dunha moza adolescente na que conviven as contradicións entre o mundo rural e urbano e mesmo a diferenza entre o mundo dos adultos, o da protagonista e o do seus amigos.

A cuadrilla vai madurando a través do respecto á  natureza e á paisaxe, grazas a súas vivencias nos barrios e praias da parroquia de Oia.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Citas literarias

Licencia editorial otorgada por Editorial  Elvira.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Elvira

1ª edición

2019

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Vila Romana de Toralla

Finca Mirambell

Liña 5

Finca Mirambell – Vila Romana

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar