Caballero, Abel
Ponteareas, 1946
Alcalde de Vigo desde o ano 2007, doutor en Economía polas Universidades de Cambridge e Santiago de Compostela, foi ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións entre 1985 e 1988, e desenvolveu o seu labor docente en diferentes universidades, entre elas a de Vigo, onde é catedrático de Economía. Amais é oficial da Mariña Mercante.
Fotografía: gabinete de prensa Concello de Vigo
Biografía
La elipse templaria (2001), El hombre que tenía miedo al mar (2002), El invierno de las almas desterradas (2004), unha historia da Guerra Civil que transcorre en varios escenarios, entre os que se recoñece a histórica cafetería Derby da actual rúa Urzáiz; e La Puerta Amarilla (2006) son as catro novelas históricas firmadas por Abel Caballero. Tamén publicou numerosos libros e artigos en revistas científicas e ten participado en proxectos de investigación do ámbito da economía, o transporte e as infraestruturas.
Bibliografía: gabinete de prensa Concello de Vigo
Parada bibliográfica

El invierno de las almas desterradas
Os soños de liberdade da República, o amor no medio do odio da guerra civil española, as torturas aos derrotados e o compromiso coa súa causa marcaron a vida de Augusto, un mozo que en lugar de traballar na Forja como o seu pai se empeñou en fraguar ilusións. Con todo, a sombra dunha afastada casa no barrio vello do Berlín nazi e a morte dun home en estrañas circunstancias cérnense sobre o seu despacho de axudante de Manuel Azaña.
Edición en castelá
Editorial Belacqva