Buscando a Clara
Porteiro, maría xosé
Editorial Elvira
Localizacións

PARQUE FORESTAL D0 VIXIADOR
O parque forestal do Vixiador estaba cuberto pola néboa. Subira a pé desde a parada do Vitrasa e lavaba no carro da merca a urna onde ficaran as cinzas da súa avoa.
Xeolocalización
42.251755366974365, -8.650407744685902
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

IGREXA DO CARME
Mariña faleceu sen decirlle a súa filla como quería que lle fixesen a despedida, mais cando xa estaba inconsciente pola sedación, Helena chamou ao párroco da igrexa do Carme que está a carón do sanatorio de Nicolás Peña, habitual visitador para dar a extrema unción a quen o demanda.
Xeolocalización
42.22386488869215, -8.73141545818041
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

A MADROA
Mariña quedara co seu amigo Cristovo para ir apañar ourizos ao monte da Madroa. Estaba a chegar o outono, e viña moito frío.
Xeolocalización
42.24994585488178, -8.676533002061417
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

SANTA CLARA
Mariña conseguira entrar como operaria na fábrica de cerámica que Moisés Álvarez viña de crear na parroquia de Santa Clara, en Cabral.
Xeolocalización
42.22652539346606, -8.6761366020783
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

BOUZAS
Na casa familiar seguían falando de «ir» a Vigo cando collían o tranvÍa que pasaba polo centro urbano até Bouzas. Cristovo atopou traballo na Lonxa para descargar as pesadas caixas de peixe que traían os barcos de pesca e cargalas en camións que saían ben cedo para os mercados madrileños.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

LAVADORES
Os barrios onde naceran xa non pertecían ao Concello de Lavadores.
Xeolocalización
42.22656442754392, -8.695558542364664
Liña literaria
01 Liña Cabral – Lavadores

ESCOLAS NIETO
Tiveron que pasar algúns anos até que conseguiu emprego como conserxe nas Escolas Nieto, de Cabral, nun edificio diferente ao resto das construcións da calzada, macizo de pedra granítica e aspecto impoñente. Cristovo aprendeu moito na súa etapa naquel centro onde se mantiña unha discreta tradición republicana, malia a vixilancia e control da ditadura. O sangue era vermello nas veas dunha escola que se creara cos cartos chegados da emigración americana.
Xeolocalización
42.22986721755379, -8.686438800084693
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

PARDAVILA
Gumersindo foi vivir a Pardavila, a carón da que fora a Sociedade Recreativa e Cultural. Fuxía do seu pasado, pero ía sempre coa memoria disposta para sementar nas xeracións máis novas os ideais de xustiza e liberdade.
Xeolocalización
42.23022727814885, -8.693387500458664
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

RÍO LAGARES
Seguían a vivir en Candeán, a carón da travesía da Devesa desde onde tiña que baixar as empinadas costas que comunicaban aquela zona elevada coa parte baixa que deixaba ver o río Lagares ao seu paso por Cabral, para subilas xa a noite. Sempre ía acompañada por un aquel de medo.
Xeolocalización
42.215612538567875, -8.706096557175293
Liña literaria
01 Liña Cabral – Lavadores

INSTITUTO DO CALVARIO
O seu último mozo tocaba a batería nun grupo da Movida que formaran varios amigos que coincidiran estudando o bacharelato no Instituto do Calvario. Non chegaron a trunfar, mais pasábano ben acudindo a canto concerto se puxese por diante, ás veces para tocar, outras só por compartir, beber, fumar …
Xeolocalización
42.29587255206753, -8.735237036518514
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

MÁMOA DE CANDEÁN
—Ves aquelas pedra grandes de alí? O meu pai dicía que lles chamaban a «Casa dos Mouros», pero souben que non necesariamente se referían a xente procedente da Mauritania. Queda con esta idea —recalcaba—, son vestixios dunha era anterior á aquela na que a humanidade foi quen de escribir o que acontecía ao seu redor. Proceden do Neolítico, na Prehistoria […]
Clara medraba algúns centímetros poñéndose sobre as puntas dos pes; non podía deixar de ollar para unha construción máis alta ca o propio pai, algo encollido polo peso dos sufrimentos pasados. Xamais esqueceu aquela composición de cinco inmensas e pesadas laxes colocadas verticalmenre formando un cono no que se apreciaban restos de terra e vexetación. O pai deulle permiso para se deitar no chan. Enriba do punto de encontro das laxes, asomaba un anaco de ceo.
Xeolocalización
42.24471793810546, -8.672976630876043
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores
Sinopse
A novela Buscando a Clara desenvólvese nestes espazos máis afastados do centro da cidade, nos que o pasado agrario adoita ter un papel predominante, onde os soutos, os regatos, os lavadoiros e a paisaxe se mesturan coas personaxes protagonistas, de tal xeito que deixan unha forte pegada na súa personalidade.
As protagonistas transitan desde un xeito de vida agrario a un xeito de vida urbano, dun mundo real a un mundo máxico, na procura de novas identidades e relacións, pero fachendosas das súas orixes ancestrais.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Editorial
Edición en galego
Editorial Elvira
1ª edición
2019
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Mámoa Casa dos Mouros
Candeán
Liña 1
Mámoa
Citas literarias
Licencia editorial otorgada por Editorial Elvira.
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.