Borrow, George

1803-1881

Podería parecer un personaxe novelesco en si mesmo; con todo, pasou á historia por escribir un relato das súas viaxes que non desmerecería a mellor das novelas de aventuras.

Fotografía: Sociedad Geográfica Española
Retrato de Henry Wyndham Phillips

Biografía

Nacido nunha familia de poucos recursos, estudou leis coa intención de non exercer nunca e terminou gañándose a vida grazas tanto á súa predisposición á aventura como á incrible capacidade que tiña para os idiomas. Tras unha mocidade azarosa, descentrada e bastante apurada recalou na Sociedade Bíblica británica (aínda que era practicamente ateo), onde comezou a traballar en 1833. Despois dunha viaxe apostólica de dous anos por Rusia, entre 1833 e 1835, recibiu o encargo de ir a España a difundir a Biblia “en estado puro”, é dicir, sen notas nin comentarios críticos. As súas andanzas no noso país están relatadas en «La Biblia en España; o viajes, aventuras y prisiones de un inglés en su intento de difundir las Escrituras por la Península» (1842). A súa estancia en España, onde era coñecido como “Don  Jorgito o inglés”, cambiou a súa vida e por iso temos os españois unha das descricións máis frescas e fermosas da España do século XIX.

SOCIEDAD GEOGRÁFICA ESPAÑOLA
A España das aventuras de George Borrow
Por Ana Moreno
Bibliografía: Boletín SGE Nº8

Parada bibliográfica

La biblia en España George Borrow Mapa literario de Vigo Biblitoeca Xosé Neira Vilas

La biblia en España

<< En «La Biblia en España»,  Borrow non desempeña o papel dun espectador afastado, sitúase á mesma altura do que describe e valora. Inmíscese, séntese persoalmente aludido con todo o que acontece e sabe achegar a súa mirada á curiosidade do lector. Ademais da súa perspicacia de bo observador -que describe con entusiasmo canto ve e xorde ao seu paso-, como escritor contou coa admirable facultade de converter cada escena contemplada nun espectáculo narrativo. Grazas á súa pluma, sempre hai, en cada páxina, un acontecemento que cobra vida.>> (Introdución de Alberto González Troyano).
«The  Bible  in  Spain» publicouse en Londres en 1842. Entón o seu triunfo foi inmenso. No primeiro ano esgotáronse seis edicións de mil exemplares en tres volumes, e unha edición de dez mil exemplares en dous tomos. Dúas veces  reimpresa en América do Norte aquel mesmo ano e traducida enseguida ao alemán, francés e ruso; en 1911 ían publicadas da obra máis de vinte edicións inglesas. Con todo, case oitenta anos tivo que esperar este libro para que tivese a súa primeira tradución ao español, que foi obra de Manuel Azaña.

Editorial en castelán

Editorial Renacimiento

Viaxe por Galicia George Borrow autor Mapa Literario de Vigo

A viaxe por Galicia

«A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo. Publicado na Inglaterra de 1842, o libro alcanzou un impresionante éxito, esgotándose sete edicións nun ano. Nel relátanse as experiencias viaxeiras do seu autor pola España de 1837. Malia a súa antigüidade, a lectura deste libro sorprenderá o lector a través dunha visión que, en moitos aspectos, non perdeu actualidade.

Edición en galego

Editoral Xerais