Blanco Amor, Eduardo

Ourense, 1897 – Vigo, 1979

A produción literaria de Blanco Amor comezou coa publicación de Romances Galegos (1928)

Fotografía: Real Academía Galega (RAG)- web

Biografía

A principios dos anos trinta entra en contacto con Castelao e con outros membros do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Escribe Poema en catro tempos (1931) e desde Bos Aires colabora coa revista Nós.

Foi ademais o fundador e director do Teatro Popular Galego (1957). Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que será nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega, e xa en Galicia leva ao prelo Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para títeres e Teatro pra a xente).

Bibliografía: Editorial Galaxia

 

Paradas bibliográficas

Os biosbardos Eduardo Blanco Amor autor do Mapa Literario de Vigo

Os biosbardos

Os biosbardos é un conxunto de «contos para a xente», postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Estes relatos pertencen, sen dúbida, ao núcleo das mellores páxinas que nos deixou este mestre da moderna narrativa galega. Son, quizais, as máis sinceras e menos académicas de cantas escribiu. Nelas brillan con luz propia as mellores virtudes do seu autor, sen interferencias de ningún tipo. El mesmo o recoñecía así.

Edición en galego

Editorial Galaxia