bícame, frank
fernández, miguel anxo
Editorial Galaxia
Localizacións

GRAN VÍA (CORTE INGLÉS)
Caín por el Corte Inglés a repoñer algunha peza de vestiario e incluso merquei películas en blu-ray para velas no portátil que me agasallara Pat, se nalgún intre me desvelaba e pasaba da lectura.
Xeolocalización
42.23206875444144, -8.717017231524459
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

VIGO
— Non hai apuro, ando por Vigo. Como é a porta?
— Ignoro os detalles, pero en principio é un accesos lateral a un almacén de madeiras. Metálica, colle ben un home. Mándoche foto polo móbil?
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

PORTO DE VIGO
O seu xefe estaba ao servizo dun coñecido exportador, un tal Demetrio Lavandeira, que diversificara os seus negocios, e estaba ben implantado no porto de Vigo. Seica é alí onde imparte as ordes aos seus homes de confiana, que á súa vez as distribúen a diferentes equipos.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

A LAXE
Tiña a oficina principal nun edificio preto do centro comercial A Laxe, na zona portuaria de Vigo, aquela mole coa que alguén tivera a infeliz idea de «abrir» a cidade a un mar que agora non se vía. Iso me asegurara o camareiro dunha casa de comidas na que me detivera a xantar nunha anterior visita.
Xeolocalización
42.24081600759848, -8.727447630913922
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

FARO DE VIGO
Púñase nun canto da barra sobre un tallo, pedía unha infusión de menta e lía o Faro de Vigo. O que fixen foi agardala un pouco máis lonxe de onde ela pousaba.
Xeolocalización
42.2375505577893, -8.723024188548413
Liña literaria
E Liña Especial

VIGO
Para disimular, pasei de encontrarme con ela ao día seguinte, que aproveitei para algunhas encomendas por Vigo. Así a todo chameina para pedirlle unha cita.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Lavandeira Impoex ocupaba a oitava planta, e polas súas vidreiras entraba pletórico o ceo de Vigo co que debería ser Cangas ao lonxe.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Quedei con Dalia en Vigo. Era pola media mañá e a cidade lucía unha calma rara. Menos coches ca noutras ocasións, e déuseme por colgarllo á crise. De feito, levantando a vista ata os edificios, en moitos podíase ver o cartel de Véndese, e mesmo había baixos comerciais tamén pechados, nos que nin se molestaran en retirar os seus luminosos, agora sucios e abandonados.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

PRÍNCIPE
Metín o coche no aparcadoiro con saída a rúa do Príncipe e agardei por Dalia nun café próximo. En canto apareceu, xa encarreiramos para xantar. Viña coa súa inseparable bandoleira, onde gardaba o iPad e o resto de trebellos.
Xeolocalización
42.23703431895109, -8.722784702078062
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Todo comeza co roubo do manuscrito de «Vento mareiro», de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa… Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada. Coa súa retranca característica. Miguel Anxo Fernández bota unha ollada aceda sobre a actualidade do país nunha novela que consolida a Soutelo como o detective máis activo do panorama literario galego..
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2013
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Dársena A Laxe
Estación Marítima
Liña 8
Dársena A Laxe
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.