Vázquez Freire,
Miguel
Corcubión, 1951
Colaborador como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións.
Fotografía: Editorial Xerais - web
Biografía
Foi director da revista infantil «Golfiño» e codirector da colección Merlín de Xerais, ademais de co-autor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais (1990-2008) como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo e promotor de «Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega. Como especialista en didáctica da filosofía publicou: «Nietzsche» (Xerais, 1990); «Iniciación á Estética» (Xerais, 1993); «Política e Sociedade» (Xerais, 1993); «Mandar, obedecer, rebelarse» (Xerais, 1996), ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes «O discurso do método» (Xerais, 2000). Para o público infantil publicou: «As aventuras do Gato Bógar» (Xerais, 1989); «O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor», conto incluído no volume «Contos da campaña 3» (1992); «A cor do
elefante» (1994); a peza teatral, en colaboración con Gloria Sánchez,»A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos» (Xerais, 1995), «A primeira máquina de fotos» (1998), «O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos» (1998), «María é maior» (2007), «Contos de Reis e de Nadal» (Xerais, 2007), «O souto escuro e perigoso» (Xerais, 2011), «Fadita fosca!» (2013). Como narrador publicou: «Proxecto pomba dourada» (1987, Xerais, 2000), novela; «A malvada María Xosé» (Xerais, 1989), novela; «Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos» (Xerais, 1993), relatos; «Anxos en tempos de chuvia» (Xerais, 1997), novela, incluída na Lista de Honra do IBBY 1999 e «Demos de verán» (Xerais, 2017), novela. A súa obra está traducida a todas as linguas peninsulares.
Bibliografía: Editorial Xerais
Parada bibliográfica

Anxos en tempos de chuvia
Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial.
Edición en galego
Editoral Xerais