Dacosta Alonso, Marta

Vigo, 1966

É profesora de lingua e literatura galega no ensino medio.

Fotografía: arquivo aelg - Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB)

 

Biografía

Colaborou en revistas como Cadernos de lingua e Festa da palabra silenciada con estudos sobre temas diversos e é autora da guía de lectura Con pólvora e magnolias (1994). Á parte de ver editada a súa poesía en diferentes revistas e xornais, participou en publicacións colectivas, como Para sair do Século, nova proposta poética (1997).

Destacada representante do que algúns estudosos deron en chamar a «Xeración dos 90», publicou os poemarios Crear o mar en Compostela (1994), Premio O Grelo da Asociación Cultural O Grelo; Pel de ameixa (1996), Premio González Garcés da Deputación da Coruña e En atalaia aberta (2000). Con Setembro, Marta Dacosta converteuse na primeira muller en gañar o Premio de Poesía Martín Codax.  

Bibliografía: Editorial Galaxia

Parada bibliográfica

Setembro Marta Dacosta Alonso Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Setembro

Este libro de ton íntimo, que non intimista, está dedicado a «todas as mulleres da miña familia», pois o «eu poético inicia a procura da súa definición xenérica e familiar», como di Teresa Seara no limiar, e consegue compoñer un canto sensible que, con afán de solidariedade e autodescubrimento á vez, se revela como confesión e homenaxe ao fado de todas as mulleres. Ese mes transitorio entre as estacións, que trae os froitos do verán e anuncia as chuvias do outono, dá nome a un poemario no que a suavidade das palabras abrangue a intensidade da vida.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Notas sobre a extinción Marta Dacosta Alonso Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Notas sobre a extinción

Esta obra nace da capacidade de asombrarnos e descubrirmos a fermosura das pequenas cousas,

de comprobar, unha vez máis, que a poesía é quen de borrar os límites do tempo e o espazo e de fixar, coma unha alfaia imprescindíbel, cada unha das palabras que nos construíron e nos negamos a perder. Poesía-antídoto. Poesía-paz.Contemplar e reconciliarnos coa vida. Descubrir que a beleza aínda é posíbel. Retela canda nós.

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2021

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Liña Circular