Ayllón, José Ramón

Cantabria, 1955

Estudou bacharelato en Vigo

Fotografía: arquivo do autor - web

Biografía

Coas cores do Club Celta foi campión galego de 110 metros valos. Adoita pronunciar conferencias sobre formación de adolescentes e educación en valores. Publicou varios libros de texto, ensaios e a novela histórica «Querido Bruto».

Bibliografía: Editorial Bruño

Paradas bibliográficas

Vigo es Vivaldi José Ramón Ayllón autor Mapa Literario de Vigo

Vigo es Vivaldi

Borja, Paula, Irene, Silvia, Maxi, Alberto, Felipe, Pedro… Un grupo de amigos que inician o seu último curso nun instituto de Vigo. Nas súas vidas hai ilusións e libros, pais e profesores, moito deporte e moita marcha, vitorias, desenganos e algunhas movidas memorables. Uns rapaces, unha historia, unha paisaxe, e os avatares dun amor que chega, como sempre, sen avisar. Unha novela apaixonada e apaixonante, escrita en forma de diario, que culmina cun imprevisto desenlace.

Edición galego

Editorial Bruño