Val, Marga do
Vigo, 1964
Licenciada en Filoloxía Hispánica, Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galegas.
Fotografía: AELG - Distrito Xermar (2018)
Bibliografía: Centro de documentación da AELG
Biografía
Premiada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega pola tradución de Randea do alento de Herta Müller (Edicións Xerais, Vigo 2010), obtivo no ano 2011 o Premio da Crítica Española na modalidade de Poesía Galega por A cidade sen roupa ao sol (Edicións Espiral Maior, A Coruña 2007). Autora tamén da novela O Prognóstico da Lúa (Colección Obradoiro, Editorial Alfaguara 1997), da biografía Carolina Otero (Edicións A Nosa Terra, Vigo 2002). Da súa obra dramática foron representadas: Belle Otero, o corpo que fala (2002), Aurora Rodríguez e a sua moneca de carne (2002) e Lorca e as flores de Venus (2011).
Bibliografía: Editorial Elvira
Paradas bibliográficas

Tizita e Sabela na procura
O relato Tizita e Sabela na procura percorre os parques do Castro e Castrelos; lugares que suscitan lembranzas nas protagonistas, de tal xeito que atopan refuxio contra as dificultades cotiás; tamén representan espazos para a reflexión á hora de tomar decisións que poidan cambiar o transcurso das súas vidas.
Alberto Vilaboa Pérez
Edición en galego
Editorial Elvira