Esteban, Manuel

Vigo, 1971

Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profesor da rama sanitaria de Formación Profesional.

Fotografía: arquivo do autor - Eva Estévez Forneiro

Biografía

Traballa no Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio. É pai de dous nenos, o maior dos cales ten síndrome de Down e foi durante oito anos vicepresidente de Downvigo.

A ira dos mansos, Premio Xerais 2016, foi súa primeira novela á que seguiron O meu nome é Ninguén (Xerais 2018) e A vinganza dos homes bos (Xerais 2020) todas elas protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso.

Bibliografía: Editorial Xerais

Paradas bibliográficas

A ira dos mansos Manuel Esteban Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

A ira dos mansos

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.

Edición en galego

Editoral Xerais

O meu nome é ninguén Manuel Esteban Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

O meu nome é Ninguén

Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez.

Edición en galego

Editoral Xerais

A vinganza dos homes bos Manuel Esteban Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

A vinganza dos homes bos

Libro sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces, mesmo, de matar. Palabras sinxelas, como, por exemplo, «perdón». O exinspector de policía Carlos Manso anda detrás dun asasino, pero non do que a el lle gustaría.

Edición en galego

Editoral Xerais

Setestrelo Manuel Esteban autor do Mapa Literario de Vigo

Setestrelo

Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas. «Setestrelo» é un libro de transición entre o mundo irreverente da nenez e o territorio sufocado da adolescencia. Un libro sobre a procura da identidade e a dificultade que teñen os adultos para aceptar todo o que se afaste do normativo. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.

Edición en galego

Editoral Xerais