Fernández, Norberto
Vigo, 1967
Debuxante e artista de banda deseñada.
Fotografía: ilustración do autor
Biografía
Coñecido grazas á revista «Golfiño» coa serie «O castelo Regadeira». Introduciuse no mundo da ilustración e do deseño na súa etapa universitaria. Traballou como entintador e dando cor a «Os viaxeiros do tempo» e «Un misterio para Simón» de Fausto Isorna. Colaborou con Carlos Portela realizando as series «Forest Hill» e «Guinsy» para «Atlántico Diario». Ten publicado nas revistas eróticas «Penthouse Comix» e «Eros», e tamén na cabeceira clásica «El Víbora» coa serie «Broz».
Tamén participou no tomo «Magical Mystery Tour» de Sulaco Ediciones e o faneditor catalán Santiago Navarro Carretero publicou un cómic seu titulado «Fábulas benévolas». A súa principal editorial é Dolmen, na que conta xa con tres monográficos: «El caballero despollado», «Erika» e «Quatroccento».
Bibliografía: Culturagalega.gal
Paradas bibliográficas

O Báculo de Daghdha
Unha historia de aventuras na que os protagonistas percorren o Camiño Portugués desde Lisboa a Santiago na procura dun tesouro. O álbum conta con algúns “cameos” de alcaldes e personaxes populares de Galicia e Portugal.
Editorial en galego
Editorial Eixo Atlántico
1ª edición
2017
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo