Castro Moure, Amador
Chantada, 1962
Vive desde a súa infancia en Barcelona
Fotografía: Editorial Xerais - web
Biografía
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, traballa na creación de aplicacións informáticas e como administrador de sistemas. No ámbito literario publicou «Memorias de antes do encoro» (2013) e «Pillabán, pillabán» (2018). Con «Shanghai a Barcelona» recibiu o Premio Xerais de Novela 2019.
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

Shanghai a Barcelona
Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.»Shanghai a Barcelona» é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico.O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas.»Shanghai a Barcelona» é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.
Edición en galego
Editoral Xerais

Pronto hei de volver
Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase a existir, foi precisa a emigración a Venezuela de finais dos cincuenta: destinos cruzados desexando sucar o océano a bordo de barcos de vapor. «Pronto hei de volver» é a historia de Rosario de Chiquinquirá, unha asasina a soldo, residente no infame barrio de Petare, que quere deixar atrás a vida que leva malia estar convencida de que non existe o «ascensor social». Tamén é a historia de Castor Varela, que quixo ir, mais nunca chegou a poñer un pé en Venezuela. E tamén a de Policarpo Luxilde, que foi sen querer e encargou a morte do Castor. En definitiva, unha historia de vidas cruceiro que só alcanzan a súa razón de ser na existencia das outras.
Edición en galego
Editoral Xerais