Banzas, Ángela
Santiago de Compostela, 1982
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago e MBA pola Escola Europea de Negocios de Madrid.
Fotografía: arquivo da autora - medios sociaisBiografía
A súa traxectoria profesional estivo sempre ligada á consultoría de Administración Pública. A súa primeira novela, El silencio de las olas (Suma, 2021), obtivo un gran éxito de público e vendas, La conjura de la niebla foi a súa segunda novela e en 2023 publica La sombra de la rosa.
Bibliografía: Editorial Suma de libros
Paradas bibliográficas

La conjura de la niebla
A desaparición dunha adolescente sacode a pequena localidade de Illa de Cruces. Alí a xuíza Elena Casáis farase cargo da instrución do caso a pesar de ignorar que ese suceso está conectado coa desaparición da irmá da súa nai, a súa tía Melisa. Un misterio de fai trinta anos do que unha muller ingresada nun psiquiátrico e o vello curandeiro da illa gardarán as claves para resolvelo.
Editorial en castelán
Editorial Suma de libros

La sombra de la rosa
Isla de Cortegada, 1910. O achado do cadáver dunha nena o día da matanza xera gran conmoción entre os habitantes da ría polas circunstancias e a atrocidade do crime. Un culpable, o poeta Guillermo de Foz. Unha condena, a morte a garrote.
Mosteiro de Armenteira, Pontevedra, 2002. As obras de restauración do claustro sacan á luz un caderno inédito coa confesión do escritor maldito Guillermo de Foz. Antía Fontán, profesora de Literatura na Sorbona, viaxará a Galicia para levar a cabo un estudo sobre este achado. O que descoñece é que a súa estancia transcenderá o profesional. Alí descubrirá unha historia de amor e morte, sinistros intereses e verase envolvida nunha serie de asasinatos perpetrados por unha mente criminal que segue o modus operandi dos anxos caídos da literatura. O alcumado Asasino de la Rosa parece ter un só destinatario: ela.
Editorial en castelán
Editorial Suma de libros