Asasinato na casa rosa
portabales, arantza
Editorial Galaxia
Localizacións

VIGO
—Parvadas. Debería pensar máis no negocio no canto de dedicarse a xogar aos médicos. E non estaría de máis que pasase algo de tempo cos fillos. Moitas veces queda en Vigo para poder madrugar. Ser nai tería que ser para ela máis importante ca xogar con ratos nun laboratorio.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

AEROPORTO DE PEINADOR
Por suposto que si. Unha vez pasada a conmoción inicial, xa me pediu que volva. Alexa Ward chegará mañá pola tarde ao aeroporto de Vigo. Eu, un pouquiño máis tarde. Coas escalas, non estarei en Loeiro ata a medianoite.
Xeolocalización
42.23131088372364, -8.62838577693686
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

VIGO
Sentiuse ridícula en canto subiu ao seguinte voo, o que a levaría ata Vigo, cargando coas dúas caixas hexagonais. Pechou os ollos e tentou coller o sono, pero tampouco o conseguiu desta vez. Eran as nove e media da noite e o traxecto levaríalle case dúas horas. Non era quen de ler. Tentou repasar de cabeza as notas do caso que recompilara na axenda durante a escala, mentres tomaba unha cervexa escandalosamente cara e un bocadillo de xamón máis caro aínda.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO
Iria fartouse de deambular polo Hospital Álvaro Cunqueiro. Necesitaba falar con Ada fóra do enrarecido ambiente que había na Casa Rosa. O edificio era enorme, e sentía coma se estivese nun labirinto xigantesco. Desesperada, decidiu chamala por teléfono. Descolgou ao terceiro ton.
Xeolocalización
42.19030925915999, -8.71582341512781
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

NADAL DE VIGO
Tras repartir os agasallos, Ada sorprendeunos ao propoñer unha visita a Vigo para ver as famosas luces do Nadal e subir á nora. Todos quedaron estupefactos. Nunca saían xuntos á rúa. As fotos que se captasen estarían ao día seguinte nos xornais e nas redes sociais, pero, para a súa gran sorpresa, Ulises accedeu.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
E Liña Especial

NADAL DE VIGO
O piso que Ada tiña en Vigo, no histórico edificio Bonín, na rúa Areal, era unha construción de principios do século xx, cunha localización privilexiada e vistas ao mar. Esa vivenda de luxo, que mantivera para descansar cando saía do traballo, convertérase no seu fogar permanente.
Xeolocalización
42.23906541270922, -8.716625857741555
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz
Sinopse
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
Edición en castelán
Editorial Lumen
1ª edición
2024
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Nadal de Vigo
Luces de Vigo – nora
Liña 6
Areal
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.