aqueles días en que eramos malas

lópez silva, Inma

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Ribeira do Berbés. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BERBÉS

Por riba, non se chama. Margot, evidentemente, pero o nome vaille por diante coma un estandarte, e contra iso non hai nada que facer. Margot é Margot, unha institución do Berbés.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Poboadores, Casco Vello - zona vella. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BARRIO DO CURA

Fotografía: cortesía © Miguel Núñez

É o selo da casa, gratuíto incluso, e grazas a iso ten algún cliente fixo que lle permite vivir máis ou menos ben, nunha casiña do Barrio do Cura (paradoxos) alugada con renda antiga, que está case caendo, pero que Margor ten moi arranxadiña, coa súa colección de teteiras e os seus pósteres de Montmartre, do Moulin Rouge e bailarinas de Tolouse-Lutrec tapando as escascaduras e as manchas de humidade das paredes.

Xeolocalización

42.23572678381059, -8.729174086577755

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Jacinto Benavente. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

JACINTO BENAVENTE

[….] alí, nun chanzo de pedra, ou nunha esquina, ou nunha desas hortas recónditas que quedaron enganchadas do concepto urbanístico dos anos sesenta, coa beirarrúa das conserveiras de Jacinto Benavente como punto de partida sempre. En Vigo esmoreceu Rebeca e Margot soñou milleiros de veces con agacharse de polisón nalgún dos cruceiros en que roubaba para ver onde a deixaba o destino.

Xeolocalización

42.23093445999349, -8.734267318164436

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Areal Samil Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

SAMIL

Algún que, co crossover azul mariño, a recollía diante da lonxa e a levaba ata un aparcadoiro de Samil, onde cría que ninguen se decataría de que o seu coche era seu.

Xeolocalización

42.209575169315265, – 8.776326274561523

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Ladeira do monte O castro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com<br />

CASTRO

A Margot gústalle o outono. En Vigo o outono debuxa soles mornos que por veces amainan o vento que tanto lle molesta. Neses días de setembro ou de outubro, cando a Zona Vella esperta cun ar limpo e certo olor a mar, Margot pasea desde a súa casa ata o Castro para mirar as Cíes ao lonxe.

Xeolocalización

42.2313974589665, -8.726395508291835

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Ermida da Guía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

A GUÍA

[…] ás veces mesmo lle dá a sensación de distinguir palabras que chegan desde os barcos e que rebotan na Ponte de Rande, varrendo a Guía e Guixar, coma se fosen paxaros que finalmente descansan no Berbés. Velaí a liberdade.

Xeolocalización

42.25676250576314, -8.702584034336262

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Bodegas Bandeira Manuel Esteban A ira dos mansos Álvarez Mapaliterario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

BERBÉS

En días así, Margot quere ver o Bebés desde arriba, coma se fose un deus ou un anxo capaz de voar ou levitar sen tocar o chan que está farta de pisar cos seus tacóns imposíbeis e que mancha cando te sentas na beirarrúa a agardar, aburrida, a que pase un cliente, un amigo, o tipo que igual un día te mata ou te esnafra para deixarte sen cara, por puta.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Policarpo Sanz. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

POLICARPO SANZ

Aquel día baixaron do Castro por onda o Concello, e subiron polas escaleiras, vixiadas polo Sireno, e paseniño, co sol de Policarpo Sanz enriba, decidiron descender ata a beira do mar.

Xeolocalización

42.23770165734107, -8.722563815565218

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Nadador Praza da Estrela. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PRAZA DA ESTRELA

Pola altura da praza da Estrela, seguían tendo de que falar, elas, que eran tan distintas, e cando chegaron ao Nadador de Leiro, Isabel preguntoulle se lle gustaba aquela inmensa escultura. “Si. Pero nunca sei se esnafrou contra o recheo do porto, ou se está coa orella posta no cemento tentando saber onde lle quedou o mar que debería estar aí onde el quere nadar”. Isabel nunca o pensara desde ese punto de vista. Ela vía un tipo nadando, e punto, porque, ao fin de contas, era unha escultura de bronce homenaxeando o mar. “E un artista non debería dicir algo sobre iso de arredar o mar para facer casas?”

Xeolocalización

42.23956368323836, -8.719325030810825

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Barrio do Cura Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

BARRIO DO CURA

Fotografía: cortesía © Miguel Núñez

Si, está nerviosa porque hai unha eternidade que non pisa a súa casiña do Barrio do Cura. Mentres almorza, pensa agora que é curiosa esta vontade que ten de limpar a conciencia a colección de teteiras de porcelana.

Xeolocalización

42.23572678381059, -8.729174086577755

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Torrecedeira, Vigo vertical

TORRECEDEIRA

E, por suposto, mañá vai erguerse cedo e vai percorrer as rúas. Vai baixar por Torrecedeira ata as conserveiras, e antes quere almorzar no Copa Dorada un croissant cun café con leite e un zume. Hai séculos que non toma un croissant acabado de facer. Despois baixará á rúa da Paz e, ao chegar ao fondo, vai mirar de esguello a súa beirarrúa de Jacinto Benavente, á que volverá algún día, porque é súa e porque é o que quere facer, do que quere vivir, sen vergoñas estúpidas.

Xeolocalización

42.23043582462708, -8.73274000192389

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Alcabre. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ALCABRE

Logo, botará a andar á esquerrda cara a Bouzas, pasándolles por diante aos estaleiros cos seus guindastres e os barcos grandes con cristais brillantes, e subirá pola Atlántida ata chegar a Alcabre, e alí, un pouco antes de ver a praia de Samil baleira, ha sentar na herba baixo un piñeiro e vai botar un bo anaco respirando ese ar de mar, escoitando o ruído das ondas lambendo a area e, sobre todo, mirando as Cíes no horizonte para sentir que si, que desta vez tamén pode lograr saír viva da cadea.

Xeolocalización

42.21810470413489, -8.76775849178899

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Areal da Fontaíña Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CORUXO

De facelo, Margot aproveitaría un permiso coma o que vai gozar agora. Iría á praia de Coruxo, descalzaríase, quitaría a roupa amodo, e botaría a andar cara ás Cíes ata que a auga lle cubrise o corpo e se lle metese polos condutos respiratoríos. Coma aquela tal Alfonsina dunha canción da que oíu discutir unha vez a Escritora cunha das colombianas.

Xeolocalización

42.18864139633176, -8.779605518863

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Sinopse

Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.

Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora. Aqueles días en que eramos malas é unha novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da sociedade e da vida, no que existen víctimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes. A novela máis ambiciosa de Inma López Silva.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 02

Casco Vello

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial
b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2016

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Praza da Estrela

O Nadador

Francisco Leiro

Liña 8

Praza da Estrela

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar