adiós maría
torres, maría
Editorial Galaxia
Localizacións

TRAVESAS - TRANVÍAS
¿Que como foi aquela desgracia? Que os autobuses se botaron a roda polas rúas sen máis, crebou entón a Empresa de Tranvías, os empleados sen empleo naturalmente metidos nun lío sen comelo nin bebelo, así de sinxelo coma vos conto, o meu pais no grupo, vaia home, resultáralles fina a papeleta.
Xeolocalización
42.216988354961956, -8.7553056694425
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

URUGUAI – CASA DE SOCORRO
Se atraveso a estrada pola bana dos edificios das Casas Acollidas e collo logo pola serrería Emerenciano, o almacén, o parque seguindo un pouco máis alá do mercado e entón fago un xiro á esquerda coa debiba precaución polo gallo dos coches, doume de cara o Complexo Escolar do Perpetuo Socorro bandeira sempre en alto e arrodeado dunhas matas de hortensias.
Xeolocalización
42.23650249557101, -8.718453245827044
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

URUGUAI – CASA DE SOCORRO
Patapún
así, unha cousa dun momento, vaia zoupada, dixen eu, mamá, púxenme moi nervisoa cando escoitei os berros do Salvador, e nestes intres pensamos sempre o peor, a perdición, anxeliños ao ceo, eu non me achego que este rompeu a crisma, e o Káiser dirá o que queira para acalmar á xente pero faltou pouco para que quedase no sitio, que o dixo o practicante de Casa de Socorro, que arrepíos me entran, se non podo pensalo, xa ves, outra vez as pernas a movérseme sen eu querer movelas, vaia calamidade.
Xeolocalización
42.23650249557101, -8.718453245827044
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

CRISTO - TOSCANO
Entrei pola rúa do Cristo, pregunteille a unha muller que estaba á porta ónde era a enfermería, díxome, Agarda, vou eu tamén para aló a poñerme a inxección para o tétanos que caín sobre caca de cabalo, é por prevención, hai que curar as feridas cando caes nas rúas ou na terra, ¿E este meniño, que? Pero eu non tiña humor para poñerme con explicacións, díxenlle, Caeu nas pedras.
Xeolocalización
42.22980358996498, -8.703799484993203
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

URUGUAI – CASA DE SOCORRO
En vista de que seguiamos nas mesma collón ao neno para a Casa de Socorrro e ben me lembro que cando saín estaba a avoa detrás da porta o mesmo que unha estatua.
Non me dixo nada e eu seguín. Logo foi o demais.
Xeolocalización
42.23650249557101, -8.718453245827044
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

GRAN VÍA
[…]don Caitano falando a mar de fino, o meu vello aminando, o Caitano preguntando requerindo furgando averiguando canto canto gañan dúas persoas xuntas economicamente malvivindo nunha pequena habitación escura, (peroti, Caitano, vivindo na Gran Vía a conta do motor) ¿Como non foi a Alemania? Os marcos están a dezanove e pico[…]
Xeolocalización
42.22668953936956, -8.721173430909756
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
Sinopse
Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías.
O retrato dun tempo que xa non é. Pero que explica quen somos. María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha das novelas máis importantes da creación literaria galega do último terzo do século XX e que agora a Editorial Galaxia volve poñer no camiño das lectoras e lectores que tamén gorentan da narrativa da que foi unha das poetas máis importantes que deu a nosa literatura.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
1971
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Avda. Castelao
Replica tranvía
Liña 6
Uruguai – Casa Socorro
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.