A rede branca

morgan, paco

 

Editorial Xerais

Localizacións

Areal Samil Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

AREAL DE SAMIL

Gonzalo inspirou fondo antes de coller a chamada. Abondáralle con escoitar a primeira mensaxe de voz ao se erguer para facerse unha idea da situación: Alberte batera contra un vehículo nunha rotonda da praia de Samil, a Policía andaba preto, duplicara a taxa de alcolemia ao soprar, así que lle fixeron a proba de drogas e deu positivo en cocaína. Vistos os seus antecedentes policiais, revisaron meticulosamente o coche e deron con cincuenta gramos ocultos na tapizaría do asento traseiro.

Xeolocalización

42.20925241059118, -8.776423145624376

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Zona Vella - Casco Vello. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ZONA VELLA

Daquela decidiu que pasaría co que visitalo polo Colexio de Avogados para dispor dun volante de representación co que visitalo pola tarde, e encamiñouse á oficina. Agora podía pagar unha pequena pero individual nun inmóbel do Casco Vello non moi lonxe da casa.

Xeolocalización

42.239140329742284, -8.727215201394822

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Porto de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

Primeiro tiña que redactar o contrato de arrendamento dunha nave frigorífica do porto para un amigo do pai e logo citárese cunha clienta á que lle estaba a tramitar o divorcio e que teimaba en que o exmarido, un axente inmobiliario, ocultaba gran parte dos seus ingresos asinando opcións de compra que non eran declaradas, no contrato de compravenda e, xa que logo, nunca aparecía reflectido o que obtiá con esas comisións.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

RÍA DE VIGO

O cárcere da Lama quedaba a case cincuenta quilómetros de distancia, nunha ladeira da serra do Suído, que se erguía tras o inicio da ría.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Barrio de Coia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

COIA

Uxía criárase en Coia, un barrio populoso que a pesar de ter padecido os seus problemas de delincuencia e de heroína nos oitenta e de ser orixinalmente unha zona netamente proletaria, fórase aburguesando co tempo. Construíran xulgados, edificios públicos, centros comerciais, instalacións deportivas… Actualmente era un barrio de clase media con grandes xardíns e nada afastado das praias.

Xeolocalización

42.22179397942839, -8.74106079623981

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Bodegas Bandeira Manuel Esteban A ira dos mansos Álvarez Mapaliterario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

CONCELLO

O local pedía moita obra, mais do lado que daba á ría tiña as paredes acristaladas, teito de escaiola, piso de cemento e unha instalación básica de fontanaría e electrecidade. Ademais , era unha zona de nova construcción que se edificara recentemente mesmo nos lindes do Casco Vello, onde contemplar fermosas atardecidas sobre o mar. O propietario teórico da praza era o Concello, pero xestionábao a asociación de comerciantes do mercado.

Xeolocalización

42.23637884716341, -8.726710630758435

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Areal Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

AREAL

A súa compañeira de piso, Olalla, unha moza espectacular que traballaba pluriempregada como dependenta e camareira, servía combinados a esas horas nunha discoteca do Areal, frecuentada por lilainas lambidos na trintena.

Xeolocalización

42.23911236949427, -8.715359115413825

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Lonxa de Vigo Porto de Vigo Porto pesqueiro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

LONXA DO BERBÉS

O porto tamén era o segundo de Europa por volume de peixe descargado. Pola lonxa pasaban a diario toneladas de pesca de altura e de baixura. Úrvida era unha cidade mariñeira.

Non había moito traballo a finais dos oitenta e os raparigos coma el ían pola anoitecida á descarga do peixe. Cobrábase pola xornada, ás veces había faena, ás veces non tal.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Areal do Adro, Bouzas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

BOUZAS

Moita xente da que traballaba nas enormes instalacións portuarias vivía no seu mesmo barrio, unha zona mariñeira afastada un par de quilómetros do centro e que constituíra un termo municipal propio até 1904. Aí coñecíanse todos.

Xeolocalización

42.226391690739405, -8.754436907651353

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Areal do Vao. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

AREAL DO VAO

Polas tardes quedaba cun grupo de amigas ás catro e collían o autobús até a praia do Vao, que era onde acostumaban reunirse os adolescentes. A pesar de non ter sona por iso, Úrvida dispuña de enormes areais e de caliñas sombreadas con piñeirais e, dada a súa latitude, os primeiros días do verán non anoitecíacase até as once.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Ribeira do Berbés. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RIBEIRA DO BERBÉS

A zona vella de Úrvida carecía da monumentalidade e do renome doutras do país. Non estaba ateigada de palacios, fontes e igrexas antigas. Era máis ben un pequeño barrio mariñeiro de rúas estreitas e orografía complicada, que se erguía dende unha antiga ribeira de pescadores até unha fortaleza de século XVII onde agora se levantaba a casa do concello.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Concatedral de Vigo Colexiata

COLEXIATA

Aínda por riba a única igrexa de certas dimensións fora edificada a comezos do século XIX e era un austerísmo exemplo de neoclásico puro, desprovista totalmente dos adornos e artificios propios das igrexas románicas e barrocas, moito máis abundantes en Galiza.

Xeolocalización

42.239452839424295, -8.726097701922168

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Sinopse

Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante intenta converterse nun honorábel empresario mediante un pelotazo urbanístico, mais o arresto casual do esbirro que agocha o seu último alixo ameaza con botar todo a perder. Avogados, hostaleiros, policías, políticos, presidiarios, camareiros, asesores e xornalistas participan da trama criminal ou serven de nexo e escusa para trazar este vibrante fresco urbano. Con esta obra, finalista da XL edición do Premio Xerais de Novela, Paco Morgan estréase como autor utilizando os códigos do xénero para trazar a inquietante radiografía dunha sociedade dominada pola cobiza e o individualismo. «A rede branca» é a crónica dunha tormenta perfecta que comeza cunha detención e remata de xeito imprevisíbel. Unha obra escrita cunha prosa tan directa e contundente como unha puñada nos beizos.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 02

Casco Vello

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2024

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Porto de Vigo

Porto Pesqueiro – Lonxa

Liña 8

Lonxa de O Berbés

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar