a procura do falso grial

forcadela, manuel

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Non é frecuente que neve en Vigo. A especial climatoloxía da cidade, bañada por unha corrente de auga quente que chega do golfo de México, despois de atravesar o Atlántico, fai que a neve sexa sempre un espectáculo, un acontecemento que moitos se negan a esperar, sabedores de que, por moito frío que vaia, por máis que neve nas vilas dos arredores, na cidade prevalecerá sempre esa especie de privilexio especial que a fai, se cadra, máis confortable.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

As Travesas. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AS TRAVESAS

E iso foi o que lle comentou a Elvis, ocupado en manexar o vello automóbil, despois de deixar atrás As Travesas, mentres percorrían agora unha avenida de casas de nova construcción, aíndo con restos de vello plano rural en moitas zonas.

Xeolocalización

42.221011385158626, -8.732405267344431

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Porta do Sol. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTA DO SOL

Aparcaron nunha ruela preto da Porta do Sol. Era un calellón sen moito uso n o que case sempre había algún lugar para deixar o coche. Normalmente servía para abastecer as pequenas cantinas e bares da zona e, aínda que un cartel ben grande advertía da prohibición de aparcar, agás os vehículos de repartición, algúns poucos coñecedores do lugar infrinxían a regra, sabedores de que carecía da manobrabilidade necesaria para poderen retirar o automóbil mediante o guindastre municipal.

Xeolocalización

42.23814724281723, -8.725446673241903

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLA CÍES

Arribaron á cidade xa na hora do solpor. No alto de Puxeiros, ao dobrar unha curva, mentres o vehículo se deslizaba velozmente en cista abaixo, asomou o mar por tras duns eucaliptos. Era unha enorme lámina de prata cinsenta que se estendía ata a figura recortada das Illas Cíes ao fondo. Na luz avermellada do crepúsculo refluxía coma un espello gastado, un cristal escuro que, pouco a pouco, fora perdendo o azougue. Un barco de pasaxe regresaba da outra banda da ría. Achegándose lentamente ao porto.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Praza España Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DE ESPAÑA

Axiña novas curvas os precipitaron na entrada a cidade. A Avenida de Madrid. A estatua dos Cabalos de Oliveira emerxendo de súpeto na distancia, metáfora da ascensión e da caída da cidade na súa continua sucesión de subidas e baixadas. A escenografía de erosións montañosas e milenarias que se foran poboando paulatinamente arredor do vello castro celta.

Xeolocalización

42.22932782071827, -8.719347730914228

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Gran Vía Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

GRAN VÍA

Vigo recibiunos de novo cos seus brazos abertos cheos de poeira cinsenta do tráfico, entre o balbordo monstruoso da cidade, coma un xigante do tráfico, entre o balbordo monstruoso da cidade, coma un xigante de asfalto e cemento esparexido entre o que outrora foran verdes veigas. Ascenderon a Gran Vía co sol pausado no seu lombo, filtrando tenues raios dourados entre as pólas dos vellos castiñeiros de indias, con aquela luz que quería acrecentrar o colorido morno do outono.

Xeolocalización

42.22668953936956, -8.721173430909756

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Sinopse

Alguén rouba unha valiosa antigüidade na casa dunha parella adiñeirada. Poucos días despois o home e mais a muller aparecen asasinados.
¿Será esa especie de estraño Grial desaparecido o causante de tanta morte?

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2005

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

As Travesas

Praza da Independencia

Liña 7

As Travesas

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar