A malferida

rega jul, irene

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Ben apuntado, pensou o inspector Fernández. Había uns meses, en Vigo, ninguén ousaría falarlle así, e menos un policía de baixo nivel. En Vigo el era o mellor policía, o inspector con máis casos resoltos, o garda con mellores índices de éxito.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Porto de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

VIGO

Todo cambiara dende que o trasladaron de Vigo a Viveiro (ou fora algo antes?). En Vigo tiña un bo posto, unha boa oficina, moreas de amigos que pouco a pouco fora perdendo… e amigas, de todas as clases. El antes tiña facilidade para ligar.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo desde O Castro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Antes, cando estaba en Vigo, de vez en cando a súa muller ía visitalo nun dos seus paseos diarios, algunha vez tamén lle ten levado a comida cando se esquecía dela.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

RÍA DE VIGO

No seu despacho con vistas á Ría de Vigo, Mario Fernández recibía acotío vítimas, denunciantes, sospeitosos… Ofrecíalles café ou un vaso de auga sentado nunha das mellores cadeiras ergonómicas do mercado.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Panorámica Vigo desde os montes de Coruxo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Dende pequeño deulle vergoña iso de pedir axuda, de admitir unha derrota, “iso non é de homes” repetíralle o seu pai tantas veces. Tampouco “era de homes” ser un covarde, e tivera que escapar de Vigo co rabo entre as pernas.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Tamén estrañaba a compañía, ter con quen falar, a quen contarlle os problemas, non ter que facelo todo só. Odiaba ter que comer só. Botaba de menos todo aquilo que facía que Vigo, e non Viveiro, fose o seu fogar.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Aínda así precisaba descansar, polo que foi para a cama, espiuse e leu un pouco naquel libro que levaba na mesa de noite polo menos seis meses (o tempo que facía que o botaran de Vigo, do seu fogar).

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Porto de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

VIGO

—Destináronme xa hai uns meses, veño de Vigo.
—Eu son da Coruña…

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Vigo Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Firmara os papeis do divorcio o mesmo día que os xefes lle deran traslado para Viveiro, traslado que aceptou porque non lle quedara máis remedio. Non podía seguir en Vigo, era consciente.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Sinopse

O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. É intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez que vai ao colexio. O seu único desexo é pasar desapercibida, ser invisible aos ollos dos seus acosadores, pero a escalada de violencia increméntase día a día, mentres segue atrapada nunha situación da que ninguén parece decatarse. Hai quen mira para outro lado e hai quen non quere ver, ata que unha tarde desaparece.

Azucena denuncia a ausencia da súa filla e os axentes da policía comezan a investigación coa esperanza de atopar a Mariña con vida. O medo domina agora a toda a vila, tamén a aqueles que saben da súa culpabilidade.
É tempo de que os segredos saian á luz, de que falen os que sempre calaron, de que se rompa a arañeira.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2022

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Ría de Vigo

Estación Marítima

Liña 10

Ría de Vigo

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar