a gran travesía de chiruca macallás
souto, Xurxo
Editorial Xerais
Localizacións

BOUZAS
A Madorniña e os baixos de Buraceiro, se a vila durmida de Bouzas, e ve música… E conforme os ollos avanzan polo resplandor das Arneiras -catro relampagoas- non pode deixar de soñar melodías.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

TEIS
Penameá, As Arneiras. Dende As Travesas a Monelos, dende Teis a Labañou, vellas rúas, area chorona. Casas que súan polas paredes húmido sal de ribeira.
Xeolocalización
42.25241651356234, -8.695844345184222
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

BOUZAS
Un día o señor Francisco Veiga do Pazo entrou en Bouzas co barco cheo de pescada miúda. Cadrou que habia un cartel do loro Zé Carioca no cine Maravillas. Colleu unha presa de peixe e berrou “mirade como se reviran, parecen cariocas”. E caríocas de nome lles quedou.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PORTO DE VIGO
Penameá. A cidade esfarélase, si. Mais conforme o Macallás entra no porto, tamén tras dos rañaceos vai agromando a luz, e dende o alto da ponte só é quen de escoitar música bonita.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

LONXA DO BERBÉS
A amura no norai. Largan a estacha. Chaboleiro. Armador. Descarga. Festa a eito -Berbés- na lonxa da Rindanga. A esta hora a súa nena aínda estará a durmir.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

BERBÉS
A Madorniña, Acentes, a Oleira e a Marosa. Velaí van quedando pola popa tamén as Sías e o Prioiro. Orzán, remol aceso da noite das lumeiradas, festa grande no Berbés.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

COIA
Alegroulle o instante, mais moito non se asombrou. Nesas augas de lonxe, a frota das Arneiras adoita marcar as boias coas cores que máis lle levan a idea. E dende Coia a Noruega, de Monelos a Madagascar, os dous equipos do Coído están a disputar un partido interminable.
Xeolocalización
42.22179397942839, -8.74106079623981
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

INSTITUTO SANTA IRENE
Ademais, parecíalle imposible presentarse dentro dunha hora, enxoito e correctamente vestido, no lugar do exame: o novo instituto Santa Irene, alta fachada en pedra, polas cortiñas de Coia e o Peruleiro. Mirou de novo cara á auga,Quería chover.
Xeolocalización
42.220290123893925, -8.731878459595057
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

POBOADORES
Aviso a navegantes!
Atención!
No Baiona, rúa Poboadores, xa non serven cocido -viño en xera de duralex- a noite toda. Mais a rente do peirao é raro que falte caldeirada de raia no Chicote. E na alta madrugada, as fabas con ameixas agardan aburbullantes -a cidade mantén as caldeiras sempre acesas- nas perolas do Xerriño.
Xeolocalización
42.23701692900936, -8.728139873241973
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

URZÁIZ
Alegría na casa! Esperta cun sorriso. Rúa Urzaiz, 125. Na vez da avoa, sorpresa, Mamá Chiruca! Bicos a eito á miña nena. Si, son eu! Demostración dos novos zococéanos.
Xeolocalización
42.23255014470028, -8.711085015570024
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

CALVARIO
Do Calvario tiro cara aos Mallos. Ás dez e un chisco deixo a Laura, no centro cívico, campamento urbano de veán.
Xeolocalización
42.23099877864691, -8.703344498278248
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

ROTEA
A ansiedade non che me deixa nin esperar polo autobús. Con grave risco de mareo (aínda non perdín enteiro o balanzo do mar) corro ás présas pola Travesía de Vigo, San Xoán do Monte, Castiñeiras abaixo. Catro Camiños, Cruce dos Canos. E tiro por Sanjurjo Badía adiante cara Oza e Rotea.
Xeolocalización
42.258808040993465, -8.68355490648955
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis
Sinopse
O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda na ponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosa vocalista do conxunto ForzA dozZE! É unha marea ben curiosa. Entre lance e lance, a mariñeira heavy vai entrar en tratos con Lipeilipeisa, un peixe-sapo que fala, e mesmo aprenderá a cántiga de Mamí Watá, que é a serea negra da Guiné, esa que chegou canda os mariñeiros senegaleses.A gran travesía de Chiruca Macallás conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación. Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís, Xurxo Souto ofrécenos unha novela personalísima que retrata a aventura dunha marea singular con ton epopeico.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2018
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
ETEA - Ríos
Teis
Liña 4
Ríos
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.