A beleza debe morrer

Corbillón, mercedes

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Panorámica de Vigo vista desde o mar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

O individuo era un enxeñeiro de Vigo retirado por mor dun grave accidente de moto que o tivera hospitalizado varios meses. Creo que non saíra indemne daquilo, nin no físico nin no mental.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Collín un tren. Recordo que ía sol e que durante o traxecto ía lendo unha biografía de Vivian Maier. Porén, no sei como me vestira, nin se me maquillara ou se só pintara os beizos. Ao chegar, busquei a súa casa no centro de Vigo. Antes de subir tirei unha foto no espello do portal, emulando a neneira de Chicago.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLAS CÍES

A vivenda era un ático luminoso, aínda que bastante convencional. Ao lonxe víanse as Cíes no medio desa bruma que arrastran as rías mesmo en días solleiros.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Porto de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

Un barco enorme saíu do porto e foise afastando cara ao horizonte mentres eu tomaba o aperitivo con aquel descoñecido. Tiña o pelo moi curto, coma se fose un soldado que acabase de regresar dunha zona de conflito, e ía da terraza á cociña arrastrando levemente a perna con aire de sobrevivir a un estrés postraumático.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sinopse

Así é Venecia, soño e calixe, cidade encantada e panterlo para as lembranzas e as fantasías dos amantes, dos solitarios e dos extraviados. Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos. Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. E unha muller madura, na compaña da súa nai, percorre as súas pontes e canais para reconstruírse apañando os mil anacos do espello esnaquizado da que foi a súa relación cun home casado. E escríbelle decontino a esa pantasma, irreal e inalcanzable, como a propia cidade esvaecida entre a brétema dos que se amaron nunha paixón insondable e abrasadora.
Mercedes Corbillón mostra, con crueza e clarividencia, as costuras do namoramento, as súa contradicións e a devastación final, os cascallos do desamor sobre os que unha ten que erguer unha nova vida, libre e consciente, da que ser a única soberana.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Editorial Planeta

1ª edición

2023

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Panorámica de Vigo

Vista desde o mar

Liña 10

Illas Cíes

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar