Villar, Domingo

Vigo, 1971 – 2022

Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006) iniciou a serie protagonizada polo inspector Leo Caldas.

Fotografía: web Editorial Galaxia - Anxo Cabada

Biografía

A segunda, A praia dos afogados (2009), supuxo a súa consagración no panorama internacional da novela negra con traducións en todo o mundo. En 2019 publícase O último barco, o esperado regreso do inspector Caldas. A serie foi traducida a máis de 15 idiomas. Coas súas obras obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento, o Premio Losada Diéguez e o do Libro do Ano da Federación de Libreiros de Galicia, ademais dos premios Sintagma e Brigada 21.

Foi finalista dos Crime Thriller Awards e Dagger International en Reino Unido, do Premio Le Point du Polar Européen en Francia e do Premio da Academia Sueca de Novela Negra.

Bibliografía: Editorial Galaxia

 

Paradas bibliográficas

Nautico de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Ollos de auga

A novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Ediciones Siruela

A praia dos afogados La playa de los ahogados Domingo Villar Mapa literario de Vigo

A praia dos afogados

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Ediciones Siruela

Sereno Porta do Sol Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

O último barco

A filla do doutor Andrade vive nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Ediciones Siruela

Algúns contos completos, Domingo Villar autor do Mapa Literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Algúns contos completos

«Este libro de contos pretende celebrar a vida e a amizade nun encontro, como nas nosas reunións de amigos, entre os meus pequenos relatos e os marabillosos linogravados de Carlos Baonza»

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Ediciones Siruela