Vilas, Darío
Vigo, 1979
Editor e profesor de escritura creativa desde fai máis dunha década.
Fotografía: Editorial Insólita - webBiografía
Publicou ata a data catorce libros, ademais de participar en varios recompilatorios colectivos e de colaborar con medios de prensa ou publicacións especializadas. Foi recoñecido con varios galardóns e mencións literarias, incluíndo o Premio Nocte á Mellor Novela Nacional en 2014.
Bibliografía: Editorial Insólita
Paradas bibliográficas

Una cara conocida
Jaime Carou obsesiónase coa desaparición dunha moza cuxo rostro aparece en carteis por toda a cidade de Vigo. Tras o achado do cadáver da rapaza, tenta esquecer o suceso. Pero vinte anos máis tarde, a súa avoa Amelia, enferma terminal, dille algo que provoca que Jaime se embarque nunha carreira a contrarreloxo para pescudar a identidade do responsable do asasinato, mentres descobre escuros segredos que poñerán a proba as súas conviccións.
Una cara conocida é unha novela de terror psicolóxico que percorre os camiños máis insospeitados da culpa; desde a obsesión dun mozo ata a loita desesperada dun home por coñecer a verdade.
Editorial en castelán
Editorial Insólita