O profesor de vegliota
Veiga, manuel
Editorial Xerais
Localizacións

MAR DE VIGO
Despídome das ondas do mar de Vigo que o poeta deixou descritas, con boa arte, hai mil anos. Italo Calvino fala da literatura italiana, «pobre en novelistas, mais sempre rica en poetas».
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

VÍA NORTE
Dábame un ar suave nos ollos, mirei as torres da cidade e, pola outra banda, o enorme muro da estación e a muralla de casas da Vía Norte.
Xeolocalización
42.234738682262595, -8.710412330914119
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

BEMBRIVE
O avó de Lhos era natural de Bembrive. Ás veces viaxaba coa súa filla no tranvía. Aquel día o avó de Lhos ía charlando co conductor, con que tiña trato por facer catro veces cada xornada o mesmo percorrido.
Xeolocalización
42.207059640382006, -8.691559419902893
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores
Sinopse
Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma regresa a Puebla, a súa cidade natal, na derradeira viaxe do tren arrancatravesas. En Puebla pretende ocultar os dous mecanoscritos, que conseguiu salvar tras a última incautación da súa computadora, onde recolleu as súas investigacións sobre o vegliota, unha lingua que durante un tempo chegou a ter a súa pequena idade de ouro, mais que agora desaparece irremediablemente tras a imposición da lingua oriental como a única oficial.O profesor de vegliota de Manuel Veiga é, en parte un relato policial, con ingredientes de novela de misterio e atmosfera de ciencia ficción, que se ofrece como un laio desesperado por unha perda. Unha novela impactante, talvez un ensaio sobre o futuro da lingua, sobre as posibilidades de sobrevivir sendo diferentes, sobre a identidade, sobre a resistencia e sobre as contradicións que supón esta loita.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2008
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Vía Norte
Vialia Vigo
Liña 1
Bembrive
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.