Vémonos mañá
monteagudo, xosé
Editorial Xerais
Localizacións

VIGO
Dous días despois comentouno tamén co ministro Pozas para que este o fixese chegar ao Consello ou directamente a Giral, o xefe do gabinete, a quen Bibiano coñecía desde que compartiran un mitin en Vigo, tres anos antes. Moito máis non podía facer, cavilou.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Quen a remitía era alguén cuxo nome Josefina non recoñeceu ao principio. Miguel Fonseca. Tivo que facer un esforzo de memoria para descubrir que nunha ocasión compartira mesa con aquel home durante unha cea celebrada nun restaurante de Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Desde aquela, Josefina non volvera ver a Miguel Fonseca nin tivera outra noticia del, así que a mensaxe que contiña a carta constituíu unha sorpresa. O que lle comunicaba o remitente en catro liñas escritas a máquina e asinadas cun garabato, era que trouxera para ela algo que Bibiano lle enviaba desde México e que podía parar a recollelo pola súa oficina, en Vigo, cando estimase oportuno. Aínda que non imaxinaba a que se podía estar referindo o mensaxeiro, Josefina acolleu a novidade con alegría. Todos os esforzos, todo a valor que lle esixira percorrer o retorcido camiño que a conducía a aquel punto, de súpeto semellaban cobrar sentido.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Decontado, preparouse para acudir a Vigo, ao despacho daquel empresario. A súa intención era ir soa, pero cando o soubo, Carmen comezou a dicirlle que ela quería acompañala, que xa non se acordaba das viaxes en tren a Madrid que fixera antes dos cinco anos, que ese era un dos poucos desexos que podía cumprir, e Josefina rematou por ceder a súa instancia.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Unha tarde tomaron o tren na estación de Pontevedra e corenta minutos despois estaban percorrendo as rúas de Vigo, preguntando a varios dos transeúntes polo enderezo que Josefina levaba anotado nun papel.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. «Vémonos mañá» é o relato da súa relación e das circunstancias singulares que mudaron as súas vidas, pero non conseguiron cambiar os seus ideais. A historia dunha muller que coñeceu o triunfo e a represión das súas ideas e que loitou incansablemente, sen darse nunca por vencida. E, ao mesmo tempo, o retrato dun home que sempre considerou que a ciencia debía estar ao servizo do progreso e da dignidade humana e que pagou un alto prezo polas súas conviccións. «Vémonos mañá» presenta nun mesmo plano a resistencia valente e silenciada das vítimas e as accións públicas de quen puxo toda a enerxía en combater a represión. Unha impactante historia de amor e compromiso que amplía o enfoque da loita pola liberdade para mostrarnos o protagonismo feminino na retagarda como a outra cara do ardor bélico na batalla. Unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall, que se le co magnetismo da ficción máis trepidante.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2023
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Vialia Vigo
Estación de tren
Liña Circular
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.