Bescós, Francisco

Oviedo, 1979

Publicista e escritor.

Fotografía: arquivo do autor - medios sociais

Biografía

Publicou as novelas El baile de los penitentes (2014) Premio Internacional de Novela Negra Ciudad de Carmona, El costado derecho (2016) e El porqué del color rojo (2018) Premio Novelpol, Premio Pata negra del Congreso de Novela y Cine Negro de la Universidad de Salamanca e Premio Cartagena Negra. Así mesmo, é autor do libro de non ficción Las manos cerradas (2020), onde conta o seu testemuño como pai dunha nena con parálise cerebral. La Ronda (2023) é a súa cuarta novela.

Bibliografía: Hanska Literary & Film Agency

Paradas bibliográficas

La ronda Francisco Bescós autor Mapa Literario de Vigo

La ronda

Desde que empezou o ano, descubríronse en Madrid os cadáveres de varias persoas executadas misteriosamente. Parecen vítimas escollidas ao azar, xa que apareceron en lugares remotos da capital. Con todo, hai dous investigadores pertencentes a comisarías distintas que están empeñados en seguir, cada un pola súa conta, as poucas pistas dispoñibles.

Trátase da inspectora Doce O’Rourke, de personalidade explosiva pero insegura na súa vida sentimental, e do inspector Juan Luís Seito, en aparencia apoucado pero capaz de remover ceo e terra se destapa un caso importante.

Cando chegan á conclusión de que un mercenario de elite está a roldar as rúas da cidade, saltan todas as alarmas. É alguén con moita experiencia, afeito a matar impunemente. Algo está a pasar. Algo demasiado complicado. E tamén demasiado grande. Algo que ninguén, en ningures do mundo, detectou ata o de agora.

Editorial en castelán

Editorial Reservoir books