Otero, Ramón

Vigo, 1982

Nacín en Vigo, en pleno Mundial de España 82.

Fotografía: arquivo do autor

Biografía

Crieime entre libros do Pequeno Vampiro e do Barco de Vapor, pero deseguido me pasei a libros de Forsyth, e algún prohibido como Historia de O.
Cando chegou o momento de elixir, elixín non pasar a miña vida tras unha mesa de despacho. Así que me marchei cunha ONG para cruzar o Sahara e aquela experiencia en parte cambioume.

En 2004 ingresei na Garda Civil, e desde entón vivín en media España, prestando servizo e tratando de aportar por facer un mundo mellor.

Se me preguntas por que escribo, respondereiche que o fago porque son un ladrón.
A miña inspiración rouba libros que están perdidos alén dos soños. Libros que nunca ninguén escribiu.

Bibliografía: web do autor

Paradas bibliográficas

Peregrino, Ramón Otero, autor Mapa Literario de Vigo

Peregrino

Peregrino é un thriller trepidante. Co seu estilo particular, e os seus indiscutibles coñecementos sobre o traballo policial, Ramón Otero preséntanos a súa terceira novela.
En Peregrino, a axente do FBI Anna Draven, viaxa a España ao encontro coas súas raíces, cando descobre «Buen Camino», unha novela que cambiará a súa vida. Nela, o autor, un tal Tony Anderson, relata unha serie de asasinatos que vai cometendo ao longo da súa peregrinaxe no Camiño de Santiago.
Meses máis tarde, de volta en Estados Unidos, Draven descobre que todo o narrado en «Buen Camino» realmente sucedeu e que hai varios crimes pendentes de ser resoltos. Aí é cando comezará a súa investigación. Unha que se prolongará ata o seguinte Ano Xubileu, convertendo o Camiño de Santiago nunha caza ao «Peregrino».
Ramón Otero consegue mergullar ao lector nas paisaxes e lugares máis característicos do Camiño Francés, facendo que nos perdamos neles da man de Draven por un lado e por outro, con Anderson.

Un asasino anónimo no Camiño. Un Peregrino.

Editorial en castelán

Editorial Cosecha Negra